Roteiros interpretativos guiados de outono 2020
O Concello de Betanzos programa para este outono, sempre e cando as circunstancias derivadas da evolución da pandemia da Covid-19 permitan a realización da actividade, uns roteiros interpretativos guiados, para descubrir e coñecer singularidades do medio natural, a flora, as historias, curiosidades e anécdotas dos lugares e das paisaxes galegas, para desfrutar da actividade física ao aire libre e en contacto coa natureza.

* Ruta "Cabo Prior, defendendo a costa", no Concello de Ferrol, os domingos 8 e 29 de novembro, 13 km aproximadamente e dificultade media-baixa.

* Ruta "O Forgoselo, entre brañas e cabalos", no Concello de A Capela, os domingos 22 de novembro e 6 de decembro, 14 km aproximadamente e dificultade media-baixa.

A saída será ás 09:00 h en autobús desde o Cantón Claudino Pita, traslado ata o destino, realización da ruta interpretativa e guiada, e regreso a Betanzos sobre as 16:00 h - 17:00 h. Hai que levar o xantar (bocadillo, bebida, froita) nunha mochila pequena e roupa e calzado axeitado, sobre todo se dan choiva.

As persoas interesadas poderán inscribirse a través da páxina web do Concello de Betanzos, www.novas.betanzos.gal a unha ou ás dúas rutas. Cada unha das rutas ten 25 prazas por orde de inscrición e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Betanzos. Os menores de idade deberán ir acompañados dunha persoa adulta responsable.

Mais información no Departamento de Deportes, teléfono 981 770 011 (extensión 2105).
Nome e apelidos *
DNI *
Data de nacemento *
MM
/
DD
/
YYYY
Teléfono *
Ruta "Cabo Prior, defendendo a costa" *
Elexir só unha opción
Ruta "O Forgoselo, entre brañas e cabalos" *
Elexir só unha opción
AUTORIZO: Ao Concello de Betanzos a consultar no padrón municipal os meus datos de empadroamento. *
AUTORIZACIÓN PARA O USO DE IMAXE *
Uso exclusivo para fins educativos e divulgativos
ACEPTACIÓN E DECLARACIÓN RESPONSABLE *
Declaro que a persoa participante está nas condicións físicas axeitadas para a realización da actividade e non está diagnosticada de Covid-19, non presenta sintomatoloxía asociada a este virus (tose, febre, dificultade ao respirar, etc.) nin a presentou nos 14 días previos á data de entrada nesta actividade e non padece outra enfermidade contaxiosa, e que non convive con ninguén afectado pola Covid-19 nin estivo en contacto estreito nin compartiu espazo sen gardar a distancia interpersoal cunha persoa afectada pola Covid-19 nos 14 días previos á entrada nesta actividade. Comprométome a notificarlle inmediatamente á organización calquera problema de saúde vinculado á Covid-19 durante o transcurso da actividade.
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE BETANZOS
De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámolo/a de que o responsable de tratamento dos seus datos persoais é o Concello de Betanzos con enderezo no edificio Liceo, praza de Galicia n.º 1, 15300, Betanzos, A Coruña, correo@betanzos.net. 1. DPO. O delegado de protección de datos do Concello de Betanzos é Servizos de Adaptación Continua en Protección de Datos RB, S.L. co que poderá contactar encorreo@betanzos.net. 2. Finalidade do tratamento. Os datos serán utilizados para facelo/a partícipe da actividade promocionada descrita na presente solicitude, así como a xestión administrativa derivada desta. O feito de que non nos facilite parte da información solicitada poderá supoñer a imposibilidade de prestarlle o servizo que quere solicitarlle ao Concello de Betanzos. Prazo de conservación. Os datos facilitados conservaranse mentres non se solicite a supresión destes e durante o tempo necesario para darlle cumprimento ás obrigas administrativas. 3. Lexitimación. Este tratamento de datos persoais está lexitimado polo consentimento que nos outorga coa sinatura da presente circular. 4. Destinatarios/as das cesións. O Concello de Betanzos cederá os seus datos de carácter persoal ao persoal ou á empresa contratada para desenvolver a actividade, coa intención única de prestar o servizo. 5. Dereitos. Ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento e solicitar a portabilidade destes. O Concello de Betanzos dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade.
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy