Price It Right
CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN PARA O SECTOR DA ILUSTRACIÓN PROFESIONAL
Price it Right é unha campaña posta en marcha polo European Illustrators Forum (EIF) en marzo de 2018 co obxectivo de apoiar e concienciar ilustradores e clientes no establecemento de prezos xustos polo seu traballo, e conseguir así que os artistas se sintan apoiados e con seguridade nas súas propostas e negociacións con clientes.

Unha negociación resulta eficaz cando ambas as partes, ilustradores e clientes, teñen claro a forma de poñer prezos e cales son as tarifas xustas por un traballo de calidade. Esta campaña nace a raíz do éxito de varias campañas xurdidas baixo o lema «Non traballes gratis».

QUEN ESTÁ DETRÁS DA CAMPAÑA?

Esta campaña foi desenvolvida polo European Illustrators Forum (EIF). O EIF conta con 18 asociacións membros que representan cerca de 12.000 ilustradores de toda Europa. En España son membros as asociacións profesionais de ilustradores AGPI, APIC, APIM, APIV e Euskal irudigileak, a través da súa federación, FADIP.

Para máis información sobre a campaña, accede á web da AGPI ou directamente a https://agpi.es/price-it-right

Enquisa
Cantos anos levas dedicándote profesionalmente á ilustración? *
Required
Sabes como presupostar o teu traballo? *
Required
Engade aquí algún comentario ao respecto
Tes confianza á hora de elaborar un orzamento, sénteste seguro/a ao pedir unha tarifa xusta polo teu traballo? *
Required
Nos últimos 3 meses, pedíronche que traballes gratis?
Algunha vez perdiches un traballo despois de preguntar canto che ían pagar, ou por pedir unha tarifa maior que a que estaban dispostos a pagarche? *
Required
Algunha vez aceptaches un encargo por un prezo moi baixo que despois se converteu nun éxito?
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service