FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN
PRAZO DE PREINSCRICIÓN: Aberto do 15 de abril do 2024 ás 9:00 horas ata as 15: 00 horas do 26 de abril.
Datas do campamento de mar: do 22 ao 28 de xullo (7 días, 6 noites, saída o día 21)
Persoas destinatarias: as nadas nos anos: 2006, 2007 e 2008.
Prezo: 350 €As prazas son limitadas con preferencia das persoas empadroadas no
Concello de Boqueixón.A adxudicación das mesmas será directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
Se o número de prazas solicitadas supera ás ofertadas, a adxudicación realizarase mediante sorteo público no que se seguirá a premisa de prioridade exposta.
• Máis información no teléfono
981 513 115 ou no correo electrónico campamentosboqueixon@gmail.com