FICHA DE PROPOSTAS
Esta ficha está dividida en varias seccións. Dalle ao botón SEGUINTE ata chegar ao final.

Grazas polo teu interés en facer actividades no Cárcere.

Este é un proxecto autoxestionado e sen ánimo de lucro que ten como obxectivos principais a rehabilitación do edificio do antigo cárcere da Coruña e a súa transformación nun centro sociocultural e da memoria xestionado por e para a cidadanía.

Atendendo aos principios de autoxestión e corresponsabilidade as persoas ou colectivos que desexen facer actividades no Cárcere deberán seguir o seguinte proceso:

1. ACORDOS BÁSICOS – Importante ler antes de facer unha proposta de actividade
- Promover e respectar os dereitos humanos fundamentais (non machismo, non
racismo, non homofobia/transfobia, etc)
- Non se realizarán actividades de apoio e/ou divulgación de partidos políticos
- Seguir os protocolos de funcionamento do Cárcere (solicitar espazo, etc).
- As actividades serán xestionadas e financiadas polas persoas ou colectivos que as
propoñan.
- O Cárcere encárgase de facer a xestión de comunicación previa ao Concello. Pode
precisar un tempo mínimo de aviso.
- Deixar o espazo como se encontra ou melloralo, se for posibel.
- Facer un retorno ao Cárcere que pode ser de tipo social (colaboración no Banco
de Tarefas e Recursos), personalizado (ex. libro dunha presentación dun libro; etc), económico, dacordo á posibilidade da persoa ou colectivo. En ningún caso o retorno económico será determinante para a aceptación da proposta.
- No caso de que a túa actividade sexa de pago, as cotas deben ser sempre a prezos populares,
respondendo á vontade do Cárcere de facer o máximo de accesibles todas as actividades. Indica a cota por persoa e a túa proposta de retorno económico ou social ao Cárcere e falamos.

2. VISITA O CÁRCERE, se aínda non coñeces o espazo, para facerte unha idea máis real das posibilidades que pode ter para a actividade que queres realizar. (estamos abertas os mércores, venres e sábados de 17:00 a 20:00)
3. CUBRE ESTA FICHA. Se hai algo que non saibas responder deixao en branco e se precisamos máis información cha pediremos. Considera o aforo permitido no Cárcere ao facer a túa proposta*
4. Se tes calquera dúbida durante o proceso fainolo saber.
5. AVALIAREMOS A TÚA PROPOSTA e darémosche unha resposta á maior brevedade.

*Aforo actual de 25 persoas, estamos traballando para poder amplialo proximamente. Se prevés que a túa actividade vai ter unha asistencia potencial maior dese número considera facela no espazo exterior do Cárcere (pórtico ou patios de entrada); utilizar o sistema de entrada en quendas de 25 persoas; ou suxire outro método previo á organización do Cárcere. Se tes calquera dúbida fainos saber.
Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service