CO(M)XÉNERO | Seminario permanente de Comunicación e Xénero
SESIÓN "MULLER NAS ESTREMAS"
26 de marzo | 16.30 h | Facultade de CC. da Comunicación (USC)
A persistencia do discurso androcéntrico nos contidos, a liña editorial e as estruturas organizacionais dos medios de comunicación actuais reflicte e perpetúa unha sociedade asimétrica e disfuncional que silencia e incapacita os posicionamentos diverxentes.
Pór fin a esta dinámica invalidante pasa pola necesaria construción de audiencias e colectividades formadas no pensamento crítico, capaces de analizar, deconstruír e mesmo comezar a reverter as representacións e estruturas sexistas presentes nos medios.
Baixo o título <<Muller nas Estremas>> a segunda sesión do CO(M)XÉNERO explora as fronteiras físicas, imaxinarias e culturais vencellada ao xénero e faino o dende cinema como medio para encaralas.
Desta volta, o seminario tece colaboración coa Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) e serve de complemento teórico e formativo da sección #IMPROPIAS a través dunha Carta Branca co mesmo lema, <<Muller nas Estremas>>, na que Margarita Ledo Andión e Marta Pérez Pereiro seleccionan unha serie de proxeccións sobre a figura da muller como viaxeira, como migrante, como exiliada, con filmes que exploran a(s) fronteira(s) como lindes á súa mobilidade física e simbólica. As proxeccións da sección #IMPROPIAS-Muller nas Estremas, programadas do 26 ao 28 de marzo en diferentes espazos de Compostela, abeiran pezas de estilos e estratexias singulares e diversas, nas que se entrecruzan o experimental, o ensaístico e o observacional, a través das creacións de Ursula Biemann, Keina Espiñeira, Bouchra Khalili, Xisela Franco e Anxela Caramés.

A inscrición no seminario é de balde. Só tes que indicar os teus datos de contacto.

Inscríbete!
Nome *
Your answer
Apelidos *
Your answer
email *
Your answer
DNI *
Your answer
Teléfono
Your answer
Recoñecemento para estudantes de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporáneas
A participación no seminario pode ser recoñecida como actividade formativa para o estudantado do Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporáneas. Para que iso aconteza, as sesións expositivas do Seminario deberán ser complementadas coa asistencia a cando menos unha das sesións de proxeccións que o CO(M)XÉNERO programa ao abeiro da MICE.
Se tes interese en asistir, indícanos a sesión que prefires para que vexamos de garantir a dispoñibilidade de praza
Sesións de proxección na MICE
Datos persoais
Os teus datos pasarán a un arquivo propiedade do Grupo de Estudos Audiovisuais e non serán utilizados con ningún outro fin que o de poñerte ao tanto das novidades do seminario. En calquera momento poderás solicitar a eliminación dos teus rexistros da citada base.
Autorizas o almecenamento dos teus datos para este fin? *
Required
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service