Escoitas. Abono para a tempada 22/23 · A Clásica
A tempada 22/23 da Orquesta Clásica Vigo ofrecerá un total de 5 concertos no Teatro Afundación de Vigo -4 no teatro e un no auditorio. Co obxectivo de facilitar a asistencia presentamos un ano máis o Abono para toda a tempada, un título flexible que, ao igual que en 2022, servirá para asistir a todos os concertos, compartir e escoller a mellor butaca.

Mercando o abono terás dereito a acceder aos 5 concertos de pago da Orquesta Clásica de Vigo en Vigo dende outubro de 2022 ata maio de 2023.

Este ano precisaremos máis que nunca da túa colaboración e presenza para poder seguir facendo música.

Grazas!

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Como funciona o abono para a tempada 22/23?
O Abono consistirá nun código cunha validez de cinco usos e que será canxeable para calquera dos concertos de pago da orquestra.

Con este abono poderás:

- Asistir aos concertos na localidade que desexes
- Reservar a entrada 24h antes có resto do público
- Mercar entradas para poder asistir en compañía

O abono non é nominativo, polo que poderá ser empregado por amigos ou coñecidos. Ademais, tamén o poderás utilizar unha soa vez e comprar cinco entradas para un único concerto.

Para adquirir este abono é preciso encher o seguinte formulario indicando os teus datos e ingresar o importe seleccionado. Este formulario cumpre coa RGPD e a información proporcionada incorporarase ao rexistro propio da Orquesta Clásica de Vigo, nunca se revelará a terceiros.

Queremos agradecerche por adiantado a túa axuda para que a Orquesta Clásica de Vigo siga facendo música na cidade.


Grazas!
Como podes canxear o abono polas cinco entradas?
Para facer efectivo o abono, poderás facelo de dúas formas:

1. En liña (venda anticipada): entrar en www.ataquilla.com, buscar o concerto en cuestión (cando estean habilitados), seleccionar as localidades e, ao final da compra, aplicar o código no cadro de descontos para que o custo sexa 0,01€. (Importe simbólico para evitar que o banco cancele a operación)

2. Presencial (o día do concerto): presentando a carta do abono na billeteira do teatro.

Por último, o abono non é nominativo, polo que podrá ser empregado por amigos ou coñecidos así como canxear as cinco entradas no mesmo concerto.

Para adquirir este abono é preciso encher o seguinte formulario indicando os teus datos e ingresar o importe seleccionado. Este formulario cumpre coa RGPD e a información proporcionada incorporarase ao rexistro propio da Orquesta Clásica de Vigo, nunca se revelará a terceiros.

Queremos agradecerche por adiantado a túa axuda para que a Orquesta Clásica de Vigo siga facendo música na cidade.


Grazas!
Se tes calquera dúbida, contacta con nós no teléfono 604 06 39 19
O abono será enviado por correo electrónico. Contacta con nós se prefieres outro método de envío.
Tipo de abono *
O importe deberá ingresarse na conta ES64 2100 6608 5602 0016 1498 (LA CAIXA) incluíndo no concepto o nome e apelidos da persoa compradora. Importe exento de IVE segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 37/1992 e en aplicación do artigo 20.1.14º da Lei do IVE. Esta campaña está destinada inicialmente a captar 200 abonados, número marcado pola capacidade do Auditorio Municipal do Concello de Vigo, asegurando así a entrada para todos os asociados.
Nome *
Apelidos *
Data de nacemento
Recollemos este dato para as estadísticas. A resposta non é obligatoria.
MM
/
DD
/
YYYY
Dirección Postal
Recollemos este dato para as estadísticas. A resposta non é obligatoria.
Código Postal
Recollemos este dato para as estadísticas. A resposta non é obligatoria.
Número de teléfono *
Teléfono de contacto para aorganización en caso de necesidade, cambio ou erros.
Correo electrónico *
Correo ao que se enviará o abono
Ingreso
O importe deberá ingresarse na conta ES64 2100 6608 5602 0016 1498 (LA CAIXA) incluíndo no concepto o nome e apelidos da persoa compradora. Importe exento de IVE segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 37/1992 e en aplicación do artigo 20.1.14º da Lei do IVE.
Mediante o envío deste formulario ACEPTO
1. Recibir información da Orquesta Clásica de Vigo no referente aos concertos, datas e proxectos.
2. Aportar a cuota seleccionada na conta: IBAN: ES64 2100 6608 5602 0016 1498 (LA CAIXA)
3. Cumprir o procedemento de canxe para adquirir as entradas do abono.
4. Ceder á Orquesta Clásica de Vigo os datos solicitados no presente formulario únicamente con fins estatísticos e de xestión das entradas dos concertos. A Orquesta Clásica de Vigo cumple cos requisitos de xestión de datos de carácter persoal estipulados pola RGDP.
5. O abonado ten dereito a darse de baixa nos ficheiros da Orquestra Clásica no momento que desexe.
O Abono: Condicións
1. Cada abono da Orquesta Clásica de Vigo dará dereito ao acceso a cinco concertos da temporada de abono en Vigo.
2. A Orquesta Clásica de Vigo proporcionará un Abono para canxear polas entradas nos concertos da Orquesta Clásica de Vigo nas datas, horarios e espazos que se indicarán en entre outubro de 2022 e maio de 2023.
3. Entregarase un título por compra, identificando ao posuídor como abonado da Orquesta Clásica de Vigo ata o 31/06/2023
4. Este título pode ser transferido para retirar as entradas de cada un dos concertos aos que, como membro, ten acceso.
5. Este abono non será reposto en caso de pérdida, roubo, etc.
6. Este cartón poderá ser remplazado por outro en caso de rotura contactando cos responsables da Orquesta Clásica de Vigo e aportando sempre o orixinal para a súa destrucción.
7. É imprescindible o pagamento da cuota seleccionada na conta ES64 2100 6608 5602 0016 1498 (LA CAIXA)
8. O abono non garantiza o acceso aos concertos: é preciso canxealo nos puntos que habilita Ataquilla por unha entrada numerada coa antelación que o usuario considere.
9. A Orquesta Clásica de Vigo non será responsable en ningún caso, no suposto de que as entradas estean esgotadas chegado o momento no que o usuario intente canxear o seu cartón. O posuídor do cartón é responsable en todo momento de xestionar as súas localidades.
RGPD (Garantías e dereitos)
Para os efectos do previsto no Regulamento 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, a "Orquesta Clásica de Vigo", infórmalle que cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, e cos compromisos de confidencialidade propios da súa actividade. A "Orquesta Clásica de Vigo", pon no seu coñecemento a existencia duns ficheiros automatizados de datos de carácter persoal, titulariedade da "Orquesta Clásica de Vigo", para as finalidades propias de xestión, comunicación e información. Os citados ficheiros atópanse inscritos no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos ao que pode acceder o usuario para comprobar a situación destes. MEDIDAS E NIVEIS DE SEGURIDADE: A "Orquesta Clásica de Vigo", adoptou as medidas necesarias para manter o nivel de seguridade requirido, segundo a natureza dos datos persoais tratados e as circunstancias do tratamento, co obxecto de evitar, na medida do posible e sempre segundo o estado da técnica, a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. ÁMBITO DE APLICACIÓN: A estrutura de ficheiros, equipos e sistemas de información co obxecto de dar cumprimento á lexislación vixente en materia de protección de datos, aplicaranse a todos os ficheiros, temporais ou permanentes, titulariedade da "Orquesta Clásica de Vigo", que conteñan datos de carácter persoal, así como a calquera equipo ou sistema de información que os trate. Todas as persoas asociadas na "Orquesta Clásica de Vigo" e os seus Encargados de Tratamento, están obrigados ao cumprimento da citada normativa, con especial atención no relativo ás súas funcións e obrigas, que serán debidamente determinadas pola "Orquesta Clásica de Vigo". RECOLLIDA DE DATOS: A aceptación das presentes condicións, precisa do usuario a recollida duns datos imprescindibles para a prestación dos seus servizos, que lle serán solicitados persoalmente a través de formularios ou da páxina web. Para que a información que conteñen os nosos ficheiros estea sempre actualizada e non conteña erros, pedimos aos nosos socios e usuarios que nos comuniquen, coa maior brevidade posible, as modificacións e rectificacións dos seus datos de carácter persoal. EXERCICIO DE DEREITOS: Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, poderán ser exercitados polo usuario, ou quen represente a este, mediante solicitude escrita e asinada, dirixida a "Orquesta Clásica de Vigo", Estrada de Clara Campoamor, 28, Castrelos-Pereiró, de Vigo, provincia de Pontevedra, con Código Postal 36213. Non obstante, poderán utilizarse outros medios que permitan recoñecer a identidade do asociado que exercite calquera dos anteriores dereitos. CONSENTIMENTO: O usuario prestará o seu consentimento para que a "Orquesta Clásica de Vigo" poida facer uso dos seus datos persoais co fin de prestar un correcto cumprimento das súas tarefas como entidade sen ánimo de lucro. A cumprimentación do formulario incluído no sitio ou o envío de correos electrónicos ou outras comunicacións á "Orquesta Clásica de Vigo", implica o consentimento expreso do asociado á inclusión dos seus datos de carácter persoal no referido ficheiro automatizado, titularidade da "Orquesta Clásica de Vigo" CESIÓN A TERCEIROS: A "Orquesta Clásica de Vigo" non cede datos de carácter persoal sen o consentimento expreso dos seus titulares, que se deberán conceder en cada ocasión, sendo só cedidos coa finalidade expresada e sempre co consentimento do usuario ou asociado. CONFIDENCIALIDADE E SEGREDO PROFESIONAL: Os datos recollidos en todas as comunicacións privadas entre a "Orquesta Clásica de Vigo" e os asociados ou usuarios serán tratados con absoluta confidencialidade, comprometéndose a "Orquesta Clásica de Vigo" á obriga de segredo dos datos de carácter persoal, ao seu deber de gardalos e adoptar todas as medidas necesarias que eviten a sóa alteración, perda e tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co establecido no Regulamento de Medidas de Seguridade dos Ficheiros Automatizados que conteñan datos de carácter persoal. Ademais, tamén terá a condición de confidencial a información de calquera tipo que as partes intercambien entre si, aquela que estas acorden que ten tal natureza, ou a que simplemente verse sobre o contido da devandita información. A visualización de datos a través de Internet, non supoñerá o acceso directo a estes, salvo consentimento expreso do seu titular para cada ocasión. CAMBIOS NA POLÍTICA DE SEGURIDADE E DE PROTECCIÓN DE DATOS: A Orquesta Clásica de Vigo" resérvase o dereito de modificar a súa política de seguridade e protección de datos co obxecto de adaptalo ás novidades lexislativas ou xurisprudenciais, así como as que puidesen derivarse de códigos tipo existentes na materia, ou por decisións corporativas estratéxicas, con efectos da data de publicación da devandita modificación na páxina web da "Orquesta Clásica de Vigo".
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service - Privacy Policy

Does this form look suspicious? Report