Como queres que sexa o Ames do futuro?
A Axenda Urbana de Ames será a folla de ruta que tratará de resolver as problemáticas actuais do municipio e poñer en valor as súas potencialidades para alcanzar un Ames máis cohesionado, dinámico, inclusivo e agradable para a súa poboación.
A participación e o compromiso de toda a poboación é esencial para alcanzar os obxectivos propostos e construír un futuro sostible para Ames a través dun enfoque integrador e inclusivo.
Esta enquisa busca a valoración por parte da cidadanía dos retos identificados nunha primeira fase de diagnose para, a continuación, buscar respostas a estas problemáticas a través de proxectos ou accións concretas.
Trátase dunha enquisa totalmente anónima.