A Mariña Lab quere contar contigo!
Se es unha persoa inqueda, con ideas para mellorar o territorio e con ganas de formar parte dunha rede de persoas que apostan polo cambio, este é o teu lugar!
Buscamos sumar talento e enerxía de todas aquelas persoas que queiran involucrarse na construción dun futuro próspero para A Mariña, xa sexa dende a educación, a investigación, o emprendemento ou a participación cidadá.
✅ Se estás cursando ciclos formativos ou secundaria na comarca, queremos escoitarte! O futuro de A Mariña está nas vosas mans, e en A Mariña Lab atoparás un espazo para aprender, propoñer ideas, desenvolver proxectos e descubrir novas oportunidades de emprendemento e innovación.
✅ Se estudas nunha universidade galega e estás a pensar no teu Traballo de Fin de Grao (TFG) ou Traballo de Fin de Máster (TFM), ofrecémosche a oportunidade de aplicar os teus coñecementos en proxectos reais que teñan impacto no territorio. Se buscas que a túa investigación poida contribuír á transformación de A Mariña, aquí tes un espazo para facelo realidade.
✅ Se queres participar en actividades, sumarte como voluntario/a ou achegar a túa visión, aquí atoparás unha comunidade de persoas con intereses comúns que buscan transformar a comarca a través da intelixencia colectiva e a acción cidadá. O cambio real comeza con pequenas accións, e queremos contar contigo!
✅ Se eres de A Mariña pero vives fóra, máis sentes un forte vínculo co territorio e cres que podes aportar dende a túa experiencia ou coñecemento, estamos desexando coñecer o teu interese. A transformación da comarca tamén pode contar coa diáspora mariñá, creando pontes entre o talento local e o talento que está máis alá das súas fronteiras.
A Mariña Lab é un espazo de atracción de talento, un laboratorio de aprendizaxe, creatividade e acción no que poderás experimentar, colaborar e formar parte dun movemento de transformación real.
A Mariña_Lab é unha iniciativa promovida por PRATO_DO, axencia de innovación alimentaria, independente e sen ánimo de lucro, centrada en mellorar a calidade de vida mediante solucións creativas e sostibles apostando polo alimento como ferramenta de transformación. Coa colaboración da Área Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e coa alianza estratéxica ata o momento de:
Se a túa entidade quere sumar a esta rede e colaborar na transformación de A Mariña, completa o formulario e poñerémonos en contacto contigo!