COMO ESTADES?
Rapaces e rapazas, estamos de volta á escola pero seguimos a vivir tempos difíciles. Gustaríanos saber como o estades a levar e si precisades axuda en algo. É un cuestionario voluntario pero pode facilitar que, entre tod@s ,podamos afrontar do mellor xeito este regreso ás aulas.
Grazas por contestar. Lembrade que os vosos mestres e mestras estamos ahí para todo o que precisedes.
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Escribe o teu NOME e APELIDOS *
CURSO *
Como estás? Como está a túa familia?
Como te sintes? Como estás a vivir o regreso á escola?
Le as seguintes frases e indica se te pasa a ti ou non. *
Si
Non
Síntome bloqueado/a á hora de realizar as miñas tarefas diarias.
Cústame prestar atención, concentrarme ou facer as miñas tarefas.
Síntome sen enerxía, sen gañas de nada.
Non me apetece relacionarme con ninguén.
Estou triste, ás veces sinto gañas de chorar.
Os meus familiares /amizades dinme que me notan diferente ou raro/a.
Estou enfadado/a, non sei por que pero teño máis explosións de enfado.
Cústame xestionar as miñas emocións: póñome triste, preocúpame ou enfádome con máis facilidade.
Non paro de pensar en imaxes ou cousas relacionadas co Coronavirus.
Cústame durmir e/ou teño pesadelos.
Teño medo e, ás veces, cústame saír á rúa.
Dóeme a barriga ou a cabeza a miudo.
Non quero falar do Coronavirus, non quero nin pensar nel.
Non son capaz de facer a miña vida persoal con normalidade.
Cambiaron os meus hábitos de alimentación.
Nótome máis nervioso/a do habitual.
Como levas as tarefas escolares destes días?
Estás a atopar algún obstáculo no teu día a día?
Clear selection
Si a túa resposta anterior foi "si" sinala aquí con que obstáculos te atopas
Precisas axuda en algo?
Clear selection
En caso afirmativo indica en que podemos axudarte e intentarémolo.
Escribe aquí calquera outra cuestión que queiras comentar
Moitas grazas! Estamos aquí.
Captionless Image
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This form was created inside of Ceip Sada y sus Contornos. Report Abuse