Mulleres e Movementos
Visualizar que a historia da humanidade é a historia de persoas que se moven é o punto de partida da campaña de sensibilización, educación e incidencia política de Médicos do Mundo “Personas que se mueven” http://persoasquesemoven.org cuios obxetivos concretos son amosar as fortalezas, loitas e conquistas das persoas migrantes, refuxiadas e defensoras de dereitos humanos nun contexto de vulneración de dereitos fundamentais como é o actual.

Mulleres que se moven son as persoas que migran, as que cruzan fronteiras en busca de refuxio, as que se ven na obriga de procurar o seu futuro lonxe do fogar, pero tamén as que se moven por un mundo máis xusto e na defensa dos dereitos humanos, onde as fronteiras non sexan o común amparado pola impunidade.

No marco desta campaña, Médicos do Mundo Galicia organiza os próximos 16 e 17 de Novembro ás xornadas "Mulleres e Movementos, unha revisión feminista do dereito a migrar, o dereito ao asilo e o dereito ao refuxio" na Igrexa da Universidade de Santiago.

A asistencia é de balde e para participar só tes que facilitarnos os teus datos de contacto.

Email address *
Nome e apelidos *
Teléfono *
Correo electrónico *
E ti... por que te moves?
En paralelo ás xornadas, 7H cooperativa cultural plantexa un proxecto de creación artística co que documentar e ilustrar a nosa memoria coma persoas en movemento.

Envíanos a túa testemuña, acompañada, se queres, por algunha fotografía que nos axude a inspirarnos: dun lugar, un obxecto, o que lembres do teu fogar da nenez, o que constitúa o teu fogar agora, o que ames ou o que añores... e durante as xornadas tentaremos ilustrar ao vivo a túa historia, a nosa historia, a historia da humanidade.

Móveste con nós polos dereitos humanos?

Cal é a túa historia de movemento?
Se queres anexa algunha imaxe!
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service