Unha actividade aberta a todas as idades —de 0 a 99 anos— para explorar o corpo a través da danza, acompañadas de música e materiais que invitan a xogar, expresarse e moverse libremente.
Un momento para gozar xuntas, compartir tempo en familia e descubrir novas formas de expresión corporal.
👉 Recoméndase traer:
- unha esteira por familia (ou dúas no caso de familias numerosas)
- roupa cómoda
- calcetíns grosos para danzar sen calzado
A actividade é de balde, pero requírese inscrición previa, xa que o aforo é limitado.
A confirmación de praza enviarase por correo electrónico no prazo máximo de 72 horas tras cubrir o formulario.
🟣 Sobre o Festigual
O Festigual é o festival de todas. Nace coa vontade de romper coas trabas que moitas persoas atopan á hora de crear e consumir cultura, e de escapar dos circuitos normativos, moitas veces capacitistas.
O seu obxectivo é poñer no centro a accesibilidade e o goce compartido, construíndo un festival aberto a toda a poboación.