Ficha de soci@s
Medrando xuntos
ANOTÁDEVOS!!!

Estas son algunhas razóns polas que cremos debes unirte a ANPA:

1. Pola importancia de achegar aos Consellos Escolares a presenza de nais e pais organizados para defender os dereitos en común e non só individuais.
2. Porque é nosa responsabilidade participar na educación das nosas fillas e fillos.
3. Pola necesidade de presentar unha fronte común á hora de reivindicar aspectos que axuden a mellorar a calidade do ensino.
4. Porque existe un marco legal que ampara o noso dereito a participar na vida escolar do centro.
5. Porque se as nais e os pais non son activos e colaborativos, como lles podemos explicar ás nosas fillas e fillos que deben implicarse nunha sociedade na que poidan e deben expresarse, participar e responsabilizarse do seu futuro?.

A cota anual de socio da ANPA Mestres Goldar é de 20€ ao ano por UNIDADE FAMILIAR (pódese financiar) a ingresar na conta Santander IBAN: ES2600490939602510200022 Con ela financiamos tódalas actividades e eventos que organizamos. É a nosa principal fonte de financiamento e sen ela, e o traballo voluntario de nais e pais, a ANPA non existiría.

Se aínda non formas parte da ANPA, inscribete a través de este formulario, paga a cota e porémonos en contacto contigo para confirmalo.





Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service - Privacy Policy

Does this form look suspicious? Report