Clase maxistral de Ajubel

Ilustración de fondo: © Ajubel

Como complemento ao programa do XI Encontro Galego de Ilustración, a AGPI organiza o venres 24 de outubro, ás 18:30 h, unha clase maxistral con Ajubel, de dúas horas de duración, centrada no seu libro ‘Robinson Crusoe’. Será no salón de actos do Centro Cultural Afundación (rúa do Vilar 19, Santiago de Compostela), e terá un custo de 5 euros para os socios da AGPI e 10 euros para o resto do público. As prazas son limitadas.
Para inscribirse, hai que cubrir este formulario e facer ingreso ou transferencia da cantidade da inscrición na conta da AGPI
indicando no concepto o nome e apelido da persoa inscrita (co esquema "NomeApelido - Ajubel")
Confirmarémosche a túa inscrición por email.

— PECHADO O PRAZO DE INSCRICIÓN —