CUESTIONARIO SOBRE HÁBITOS LINGÜISTICOS
Este cuestionario ten como finalidade coñecer a realidade lingüística do IES Melide
Agradecémosche que contestes coa máxima sinceridade e atención
Moitas grazas
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN DO CENTRO
1. En que curso estás?
2. Cantos anos tes?
3. En que concello vives?
4. En que lugar vives?
5. Onde naciches?
6. En que lingua dixeches as primeiras palabras?
7. En que lingua se dirixe a ti túa nai?
8. En que lingua se dirixe a ti teu pai?
9. Que lingua falan teus pais entre eles?
10. Cal é a lingua habitual de teus avós maternos?
11. Cal é a lingua habitual de teus avós paternos?
12. Que lingua falas habitualmente na casa?
13. Que lingua falas habitualmente cos teus amigos/as fóra do instituto?
14. Que lingua falas habitualmente cos teus compañeiros/as fóra das clases?
15. Que lingua falas habitualmente co profesorado fóra das clases?
16. En que lingua escribes habitualmente os teus apuntamentos?
17. En que lingua realizas habitualmente as probas escritas (exames)?
18. Cambiaches de lingua habitual algunha vez na túa vida?
19. No caso de que algunha vez cambiases a túa lingua habitual, que lingua falabas até ese momento?
20. No caso de que algunha vez cambiases a túa lingua habitual de castelán para galego, cales foron as razóns que te levaron a cambiala?
21. No caso de que algunha vez cambiases a túa lingua habitual de galego para castelán, cales foron as razóns que te levaron a cambiala?
22. No caso de que algunha vez cambiases a túa lingua habitual de "outra" para galego, cales foron as razóns que te levaron a cambiala?
23. No caso de que nunca cambiases a túa lingua habitual, gustaríache facelo?
24. No caso de que nunca cambiases a túa lingua habitual e che gustase facelo, a que lingua quererías cambiar?
25. Cal é o nivel de estudos de túa nai?
26. Cal é o nivel de estudos de teu pai?
27. Cal é a categoría socioprofesional de túa nai?
28. Cal é a categoría socioprofesional de teu pai?
29. Tes unha imaxe distinta da xente que fala galego a respecto da que fala outra lingua?
30. Se tes unha imaxe distinta da xente que fala galego a respecto da que fala outra lingua, como é en xeral esa imaxe que tes dela?
31. Se escoitas música galega, poderías indicar algún grupo dos que che gusten?
Your answer
32. Engade calquera suxestión que se che ocorra relacionada coa lingua, coa cultura galega...
Your answer
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Additional Terms