Obradoiro con Javirroyo
«MAPAS ILUSTRADOS PARA AMOSAR O MUNDO DA TÚA CABEZA»
>>> Prazas esgotadas. Podes apuntarte á lista de espera <<<

— 16 ENCONTRO GALEGO DE ILUSTRACIÓN —
Organiza: Asociación Galega de Profesionais da Ilustración

www.agpi.es/encontro

VENRES 27 DE SETEMBRO DE 2019, 16:00-18:00, CON INSCRICIÓN PREVIA
UNITARIA | CALZADA DE SAN PEDRO, S/N, 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Neste obradoiro, Javirroyo amosaranos as posibilidades do debuxo de mapas ilustrados, tanto como ferramenta narrativa como para a transmisión de conceptos. Aprende a sintetizar ideas e comunicalas con ilustracións sinxelas. «Menos é máis cando queres conectar con moita xente á vez».

Material necesario para participar: material de debuxo básico (lapis, rotulador ou similar e papel).

Prazas limitadas. Inscrición: 15 euros (para socios da AGPI: 5 euros)

PARA RESERVARES UNHA PRAZA:

1. Cubre este formulario cos teus datos

2. Realiza unha transferencia/pago pola cantidade correspondente (15 € ou 5 €) ao número de conta que aparece na mensaxe ao final do formulario e que che enviaremos nun e-mail de confirmación da reserva da praza (non é un email automático, polo que pode tardar en chegar, especialmente se é fóra de horario laborable)

3. Envíanos a secretaria.agpi@gmail.com un xustificante da transferencia ou pago

4. Unha vez comprobada a recepción da cantidade, confirmarémosche a túa praza.

Só se devolverá o importe pagado se a baixa se produce por causa xustificada e se comunica antes das 23:59 do 25 de setembro de 2019.

En caso de que xa se cubrisen todas as reservas de praza, entrarás na lista de espera (no caso de xa pagases, devolveráseche o importe íntegro se non consegues praza).
Nome *
Your answer
Apelidos *
Your answer
DNI con letra *
Your answer
E-mail de contacto *
Your answer
Enderezo completo (con CP e localidade) *
Your answer
Es socio/a da AGPI? *
Os datos proporcionados serán tratados pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), con CIF G-15744105 e domicilio fiscal na rúa Cardeal Cisneros, 4 - entresollado dereita da Coruña (15007) unicamente para os fins legais marcados pola normativa fiscal, e conservaranse unicamente o tempo que marca a lei para eses fins. Podes acceder, modificar ou eliminar estes datos en calquera momento poñéndote en contacto co noso enderezo postal ou co enderezo de correo electrónico correo@agpi.es. Se queres recibir máis información por correo electrónico das actividades da AGPI, marca o recadro a continuación. En tal caso, conservaremos o teu nome e enderezo electrónico ata que nos comuniques, por calquera dos medios indicados anteriormente, que non queres seguir recibindo información da AGPI. A AGPI nunca compartirá os teus datos con terceiros.
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service