Abono de concertos | Orquesta Clásica de Vigo
Fundada en 1984
Abono Setembro - Decembro 2018
Queridas amigas e amigos!
Rematados os tres primeiros concertos da nosa tempada de concertos do ano 2018, a Orquesta Clásica de Vigo quere ofrecervos a posibilidade de apoiar o resto da súa actividade anual de concertos en Vigo. Esta entidade cultural sen animo de lucro está a piques de cumplir os 35 anos de historia, apostando dende os seus comezos polo talento local.

Queremos perdirvos o voso apoio para seguir medrando, por iso ofrecemos a posibilidade de mercar un abono para os catro concertos que se realizarán no Teatro García Barbón durante o último trimestre do ano 2018. Con esto faredes posible a continuidade desta tempada sinfónica e poderedes asistir catro concertos sinfónicos cun importante desconto.

Para adquirir este abono é preciso encher o seguinte formulario indicando os vosos datos e abonar o importe seleccionado. Este formulario cumple coa RGPD e os datos son para o rexistro propio da Orquesta Clásica de Vigo, que nunca serán revelados a terceiros.

Queremos agradecervos de antemán a vosa axuda para que a Orquesta Clásica de Vigo siga facendo música na nosa cidade.

Grazas!

Ciclo sinfónico outono-inverno | Teatro García Barbón
1. TANGATA, 30 anos | Teatro Afundación | 22 de setembro 20:30
Tangata celebra os seus 30 anos e nós queremos festexalo facendo un concerto conxunto en torno á súa xenial música de tangos, compartindo escenario coa orquestra.

2. Requiem de Fauré | Teatro Afundación | 4 de outubro 20:30
En outubro interpretaremos o Requiem Op. 48 de G. Fauré, unha das máis impresionantes obras coráis. Contaremos coa coral Friedenskirche de Hamburgo, composta por 50 músicos alemáns que virán a Vigo para compartir escenario coa nosa orquestra e coro ao completo, todo esto baixo a direción do brasileiro Fernando Gabriel Swiech.

3. Sibelius | Teatro Afundación | 21 de novembro 20:30
En novembro realizaremos a Sinfonía No. 2 de J. Sibelius, unha impresionante obra sinfónica do compositor finés xunto coa estrea absoluta dunha obra de Juan Eiras, compositor vigués.

4. Tchaikovsky no Nadal | Teatro Afundación | 29 de decembro 20:30
Pechamos este año 2018 co tradicional “Concerto Extraordinario de Nadal”, no que interpretaremos o Concerto para Violín de Tchaikovsky, coa solista suiza Maristella Patuzzi, e a impresionante Sinfonía No. 4 do mesmo compositor ruso.

Tipo de abono *
O importe deberá ingresarse na conta: IBAN: ES87 2080 5000 6130 4023 9616 (ABANCA) incluíndo no concepto o nome e apelidos do interesado. Importe exento de IVE según o establecido no artículo 20.3 da Ley 37/1992 e en aplicación do artigo 20.1.14º da Lei do IVE. Esta campaña está destinada inicialmente a captar 200 abonados, número marcado polo aforo do Auditorio Municipal do Concello de Vigo, asegurando así a entrada para todos os asociados.
Nome *
Your answer
Apelidos *
Your answer
Sexo *
Data de nacemento *
MM
/
DD
/
YYYY
DNI *
Your answer
Dirección Postal *
Your answer
Código Postal *
Your answer
Número de teléfono *
Your answer
Estudos *
Traballa actualmente *
Correo electrónico *
Your answer
Onde queres recibir o Abono? *
Ingreso
O importe deberá ingresarse na conta: IBAN: ES87 2080 5000 6130 4023 9616 (ABANCA) incluíndo no concepto o nome e apelidos do interesado. Importe exento de IVE según o establecido no artículo 20.3 da Ley 37/1992 e en aplicación do artigo 20.1.14º da Lei do IVE.
Mediante o envío deste formulario ACEPTO
1. Recibir información da Orquesta Clásica de Vigo no referente aos concertos, datas e proxectos.
2. Aportar a cuota seleccionada na conta: IBAN: ES87 2080 5000 6130 4023 9616 (ABANCA)
3. Cumplir o procedemento de canxe para adquirir as entradas do abono.
4. Ceder á Orquesta Clásica de Vigo os datos solicitados no presente formulario únicamente con fins estadísticos e de xestión das entradas dos concertos. A Orquesta Clásica de Vigo cumple cos requisitos de xestión de datos de carácter persoal estipulados pola LOPD.
5. O abonado ten dereito a darse de baixa nos ficheiros da Orquestra Clásica no momento que decida.
O Abono: Condicións
1. Os abonados da Orquesta Clásica de Vigo teñen dereito ao acceso de todos os concertos.
2. A Orquesta Clásica de Vigo proporcionará un Abono para canxear polas entradas de cada un dos catro concertos de pagamento celebrados entres os meses de setembro e decembro do ano 2018.
3. Entregarase un título por compra, identificando ao posuidor como abonado da Orquesta Clásica de Vigo ata o 31/12/2018
4. Este título é persoal pero pode ser transferido para retirar as entradas de cada un dos concertos aos que, como membro, ten acceso.
5. Este abono non será reposto en caso de pérdida, roubo etc.
6. Este cartón poderá ser remplazado por outro en caso de rotura contactando cos responsables da Orquesta Clásica de Vigo e aportando sempre o orixinal para a súa destrucción.
7. É imprescindible o pagamento da cuota seleccionada na conta: IBAN: ES87 2080 5000 6130 4023 9616 (ABANCA)
8. Presentando este abono na taquilla do teatro correspondente ao concerto ou con antelación na sede de Afundación en Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 24-26 en horario de luns a venres de 9:00-20:00) o posiudor terá dereito a obter unha única entrada para cada un dos catro concertos de pagamento celebrados entres os meses de setembro e decembro do ano 2018. , na butaca que o usuario considere.
8. O abono non garantiza o acceso aos concertos: É preciso canxealo nos puntos que habilita Ataquilla por unha entrada numerada coa antelación que o usuario considere.
9. A Orquesta Clásica de Vigo non será responsable en ningún caso no suposto de que as entradas estean esgotadas chegado o momento no que o usuario intente canxear o seu cartón. O posuidor do cartón é responsable en todo momento de xestionar as súas localidades.
10. En caso de presentar un cartón manipulado ou alterado, este será retirado polos membros de Ataquilla.
RGPD (Garantías e dereitos)
Para os efectos do previsto no Regulamento 2016/679, do Parlamento europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, a "Orquesta Clásica de Vigo", infórmalle que cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, e cos compromisos de confidencialidade propios da súa actividade. A "Orquesta Clásica de Vigo", pon no seu coñecemento a existencia duns ficheiros automatizados de datos de carácter persoal, titularidade de "Orquesta Clásica de Vigo", para as finalidades propias de xestión, comunicación e información. Os citados ficheiros encóntranse inscritos no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos ao que pode acceder o usuario para comprobar a situación destes. MEDIDAS E NIVEIS DE SEGURIDADE: A "Orquesta Clásica de Vigo", adoptou as medidas necesarias para manter o nivel de seguridade requirido, segundo a natureza dos datos persoais tratados e as circunstancias do tratamento, co obxecto de evitar, na medida do posible e sempre segundo o estado da técnica, a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. ÁMBITO DE APLICACIÓN: A estrutura de ficheiros, equipos e sistemas de información co obxecto de dar cumprimento da lexislación vixente en materia de protección de datos, aplicaranse a todos os ficheiros, temporais ou permanentes, titularidade da "Orquesta Clásica de Vigo", que conteñan datos de carácter persoal, así como a calquera equipo ou sistema de información que os trate. Todas as persoas asociadas na "Orquesta Clásica de Vigo" e os seus Encargados de Tratamento, están obrigados ao cumprimento da citada normativa, con especial atención no relativo ás súas funcións e obrigas, que serán debidamente determinadas pola "Orquesta Clásica de Vigo". RECOLLIDA DE DATOS: A aceptación das presentes condicións, precisa do usuario a recollida duns datos imprescindibles para a prestación dos seus servizos, que lle serán solicitados persoalmente a través de formularios ou da páxina web. Para que a información que conteñen os nosos ficheiros estea sempre actualizada e non conteña erros, pedimos aos nosos socios e usuarios que nos comuniquen, coa maior brevidade posible, as modificacións e rectificacións dos seus datos de carácter persoal. EXERCICIO DE DEREITOS: Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, poderán ser exercitados polo usuario, ou quen a este represente, mediante solicitude escrita e asinada, dirixida a "Orquesta Clásica de Vigo", Estrada de Clara Campoamor 28, Castrelos-Pereiró, de Vigo, provincia de Pontevedra, con Código Postal 36213. Non obstante poderán utilizarse outros medios que permitan recoñecer a identidade do asociado que exercite calquera dos anteriores dereitos. CONSENTIMENTO: O usuario prestará o seu consentimento para que a "Orquesta Clásica de Vigo" poida facer uso dos seus datos persoais co fin de prestar un correcto cumprimento das súas tarefas como entidade sen ánimo de lucro. A cumprimentación do formulario incluído no sitio ou o envío de correos electrónicos ou outras comunicacións á "Orquesta Clásica de Vigo", implica o consentimento expreso do asociado á inclusión dos seus datos de carácter persoal no referido ficheiro automatizado, titularidade da "Orquesta Clásica de Vigo" CESIÓN A TERCEIROS: A "Orquesta Clásica de Vigo" non cede datos de carácter persoal sen o consentimento expreso dos seus titulares, que se deberán conceder en cada ocasión, sendo só cedidos coa finalidade expresada e sempre co consentimento do usuario ou asociado. CONFIDENCIALIDADE E SEGREDO PROFESIONAL: Os datos recollidos en todas as comunicacións privadas entre a "Orquesta Clásica de Vigo" e os asociados ou usuarios serán tratados con absoluta confidencialidade, comprometéndose a "Orquesta Clásica de Vigo" á obriga de segredo dos datos de carácter persoal, ao seu deber de gardalos e adoptar todas as medidas necesarias que eviten a sóa alteración, perda e tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co establecido no Regulamento de Medidas de Seguridade dos Ficheiros Automatizados que conteñan datos de carácter persoal. Ademais, tamén terá a condición de confidencial a información de calquera tipo que as partes intercambien entre si, aquela que estas acorden que ten tal natureza, ou a que simplemente verse sobre o contido da devandita información. A visualización de datos a través de Internet, non supoñerá o acceso directo a estes, salvo consentimento expreso do seu titular para cada ocasión. CAMBIOS NA POLÍTICA DE SEGURIDADE E DE PROTECCIÓN DE DATOS: A Orquesta Clásica de Vigo" resérvase o dereito de modificar a súa política de seguridade e protección de datos co obxecto de adaptalo ás novidades lexislativas ou xurisprudenciais, así como as que puidesen derivarse de códigos tipo existentes na materia, ou por decisións corporativas estratéxicas, con efectos da data de publicación da devandita modificación na páxina Web da "Orquesta Clásica de Vigo".
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Additional Terms