Voluntariado Cultural

Faite coprotagonista das actividades culturais do teu concello
Quen non está a facer plans cara o verán. Admites suxestións? E á volta que?
Estas son algunhas das preguntas que nos fixemos na Casa da Cultura ao empezar a programar o VERÁN CULTURAL e xurdiron unhas cantas ideas que queremos compartir con todos vós.

Aí vai a primeira: Facerse YOUTUBER de cultura!! Si, o que estás a ler. Poñeriamos á túa disposición os medios necesarios para levar a cabo esta nova actividade a cambio do compromiso de seguimento das actividades culturais planificadas.

A segunda sería o voluntariado de COMPRENSIÓN LECTORA EN GALEGO. Calquera contratempo coa nosa lingua tentarase solucionar a través desta nova actividade, pensada para nenos, nenas e os que non o son tanto.

A terceira estaría moi relacionada coa anterior, con CONECTADOS preténdese axudar aos mozos e mozas cos libros de obrigada lectura nos colexios, uníndose aos grupos de hangouts creados para o efecto.

A cuarta, XERACIÓN INVERSA, pretende ser unha nova experiencia na que narrador e público intercambiaranse os papeis. Unhas veces serán os adultos os que interpreten un conto, transmitan as lendas e o saber da tradición oral e outras serán os peques quenes fagan os contacontos.

A quinta foi acreditar o voluntariado cun Certificado da Acción Voluntaria con competencias.

Teñas a idade que teñas e dependendo das túas inquedanzas persoais, se dispós de tempo e estás disposto a compartilo cos demais en beneficio da nosa lingua, non o penses máis e ponte en contacto connosco cubrindo este formulario, a través do teléfono 988 24 68 85, casacultura@barbadas.es ou nas propias instalación da Casa da Cultura Manuel María.

Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Additional Terms