“Abre os ollos: cultura accesible non é un título de ciencia ficción”
Unha sesión práctica co Centro de Recursos Educativos ONCE Pontevedra na Culturgal 2019
Con María Soledad González Pérez, técnica en rehabilitación, e Eugenio Sancho Caneda, técnico en material tiflotécnico. Centro de Recursos Educativo da ONCE en Pontevedra,
Venres 29 novembro, 16:30
Espazo Foro
Prazas limitadas: 30
Duración: 90 minutos aprox.

En Culturgal 2019 temos o pracer de ofertar a aquelas persoas que operan no ámbito cultural unha sesión práctica o venres 29 de novembro ao redor de cultura, accesibilidade e inclusión, impartida por unha das entidades con maior coñecemento de causa. Cuestionar o carácter “intocable” dalgúns espazos como os museos, integrar pezas de audio que acompañen os nosos textos ou simplemente nomear ben unha foto cando a cargamos nunha web. Son só uns poucos exemplos de boas prácticas, unha porta de entrada para a abordaxe completa dun traballo a prol dunha cultura, realmente, diversa, accesible e inclusiva.

Nesta sesión práctica, cunha duración adaptada ao programa da Feira, queremos abrir os ollos a outras realidades, aquelas das que non somos conscientes ou que non sabemos abordar no día a día. O traballo da ONCE coas persoas cegas e con visión reducida converte a esta entidade nunha referencia á hora de abordar de maneira moi completa a accesibilidade na actividade cultural. Estamos felices da colaboración do Centro de Recursos Educativos de Pontevedra nesta actividade.

Os técnicos María Soledad González e Eugenio Sancho introducirán ás persoas asistentes nos aspectos a ter en conta á hora de crear contornas accesibles, especialmente para as persoas con discapacidade visual; como atender de maneira normalizada as necesidades específicas, accesibilidade dos contidos culturais e educativos, sistemas alternativos de presentación da información e unha práctica de recoñecemento de obxectos polo tacto.

Orientada a aquelas persoas que desexan saber máis (e mellor) sobre como incorporar boas prácticas de accesibilidade e inclusión en proxectos e eventos culturais: deseño, produción, promoción e comunicación.

Importante: a sesión é gratuíta, só se precisa a entrada xeral da Feira (prezo: 3 euros) que podedes adquirir anticipada en ataquilla.com ou no mostrador de Culturgal cando cheguedes. Agradecemos que se, finalmente, non podes asistir, nolo comuniques no correo comunicacion@culturgal.com
Email address *
Quero participar como asistente nesta sesión práctica o venres 29/11 ás 16:30 e este é o meu nome.
Your answer
Podes indicarnos en que ámbito traballas ou simplemente por que che interesa esta sesión?
Your answer
A copy of your responses will be emailed to the address you provided.
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy