A Mariña Latexa contigo

Este cuestionario forma parte da campaña de comunicación interna "A Mariña Latexa contigo" que está executando a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense no marco do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña, que cofinancia esta entidade xunto coa Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

O Plan de Sostibilidade, iniciado en 2022, ten como obxectivo consolidar un modelo de turismo máis sostible para A Mariña e, cun investimento de 2.225.000 €, está permitindo realizar proxectos para atraer a novos segmentos turísticos en tempadas de menor afluencia; mellorar o destino en termos de calidade, sostibilidade e xestión; reforzar sinerxias entre os axentes do territorio e reforzar lazos entre os 16 concellos que conforman a comarca dándolles visibilidade  baixo unha marca territorio única: “A Mariña. Galicia de corazón”, que nos presenta como unha terra singular, dinámica e diversa.

Se queres coñecer os nosos proxectos en detalle, podes acceder a: Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense  

O cuestionario, que está dirixido a residentes da Mariña e persoas que sintan un vínculo especial coa mesma, recolle  preguntas realizadas nas entrevistas feitas para a campaña durante o mes de decembro de 2024, e suma outras cuestións relacionadas coa actividade turística no territorio.  A túa opinión impórtanos porque sabemos que o turismo pode traer riqueza, económica e social, pero tamén presenta retos derivados da súa actividade.  

( * Versión castelllano: https://forms.gle/gM4XBiAt2WK66VrP6 )

Sign in to Google to save your progress. Learn more
1.- Que recomendarías visitar do teu concello, para alguén que non é da Mariña? *
2.- Que recurso ou lugar do teu concello cres que lle podería aínda sorprender a algún veciño da Mariña?

3.- Que recomendarías coñecer da Mariña (fóra teu concello),  para alguén que visita a comarca por primeira vez?

*

4.- Cales consideras que son as principais aportacións que fai o turismo á Mariña?

5.- Cales consideras que son as principais problemáticas derivadas da actividade turística na Mariña na actualidade? 

6.- E os principais retos de cara ao futuro?

7.- Valora este enunciado:  "O impacto positivo do turismo na Mariña é superior aos impactos negativos que se podan derivar da actividade"
Moi en desacordo
Moi dacordo
Clear selection

8.- Que factores consideras clave para a consolidación dun turismo sostible na Mariña?

9.- DEIXAMOS ESTE ESPAZO ABERTO PARA QUE FAGAS AS SUXERENCIAS E APORTACIÓNS QUE CONSIDERES EN RELACIÓN AO TURISMO E/OU AO PLAN DE SOSTIBILIDADE TURÍSTICA NA MARIÑA QUE SE ESTÁ A DESENVOLVER. 
10.- Concello no que resides: *
11.- Traballas no sector turístico?
12.- Idade
Clear selection
GRAZAS POR COMPARTIR A TÚA OPINIÓN!!
Captionless Image
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service - Privacy Policy

Does this form look suspicious? Report