Con esta aplicación gratuíta poderás practicar facendo cuestionarios tipo TEST cun total de 50 especies cinexéticas e non cinexéticas. Ao completalos poderás saber o total de acertos e erros que cometiches. Podes repetir os cuestionarios tantas veces como desexes. As preguntas e as súas respostas irán variando de orde en cada intento que fagas. Nestes cuestionarios deberás responder a todas as preguntas para poder coñecer a nota final que obtiveches e os coñecementos que tes para identificar as especies cinexéticas.
A información e as imaxes que contén este cuestionario están extraídas do MANUAL DO CAZADOR EN GALICIA, publicado pola Xunta de Galicia e que podes consultar na seguinte ligazón:
https://unitega.files.wordpress.com/2010/08/manual_cazador.pdfAs ilustracións contidas no devandito MANUAL están extraídas das seguintes publicacións científicas: Guía das Aves de España (Eduardo de Juana e Juan M. Varela) e Guía dos Mamíferos de España (Francisco J. Purroy e Juan M. Varela)