FEMINISTAS AUTÓNOMAS GALEGAS EN APOIO Á FOLGA DO 8M

Recoñecémonos nos feminismos autónomos e anticapitalistas. Somos mulleres que nos organizamos en pequenos colectivos feministas, en organizacións ou espazos que asumen o feminismo como unha liña de traballo e de transformación do noso entorno.

A nosa forza dispoñémola para a loita, para a desobediencia, para berrar ben alto que non imos ser máis escravas de toda esta violencia que nos mata día a día, que destrúe todo canto hai. Temos que devolver ao mundo a humanidade que perdeu e enfrontarnos ao medo e á apatía, a pesar de seguirmos baixo a lousa dun sistema corrupto, loitando en prol da vida.

Os feminismos autónomos asinantes e outras moitas mulleres que o demandan nas rúas, nas redes, nos medios…, apoiamos e celebramos a decisión de levar a cabo a convocatoria da Folga de Mulleres para o vindeiro Domingo 8 de Marzo.

Entendemos que a folga segue a ser unha ferramenta de loita, de disidencia fronte a un sistema salvaxe como é o neoliberal, que escraviza a nosa forza de traballo en prexuízo da vida e que promove o espolio de territorios e a destrución da natureza para perpetuar o sistema de explotación produtiva, dos intereses de mercado en beneficio e baixo o poder dunhas poucas mans.

Achamos que os feminismos que cuestionan as estruturas do sistema capitalista, colonial, racista, clasista e patriarcal e ecocida; que defenden a liberdade e a xustiza para toda a humanidade, os servizos públicos e a desmercantilizacion da vida; que bregan pola emancipación dos pobos e pola soberanía integral sobre as nosas vidas, corpos e territorios; que buscan construír formas de participación e acción verdadeiramente democráticas e desde a base, non poden silenciar unha convocatoria de folga internacional realizada por decenas de países.

Convocar folga este 8 de marzo continuando coa liña de traballo de anos anteriores e coa motivación das convocatorias de paros e folga xeral precedentes, converteu o 8 de marzo nun día histórico que ten as súas raíces na clase traballadora. É tarefa do feminismo devolverlle toda a súa carga política, lonxe de toda posta en escena propia do marketing e do feminismo máis liberal e institucionalizado.

O feminismo máis combativo non se pode permitir o luxo de perder esta forma de facer política e de loita: a folga. Combinada con marchas, paros, mobilizacións, boicots... e, sobre todo, reavivando o debate e poñendo o foco sobre que é traballo hoxe en día, pensando nas categorías tradicionais, que pasa co traballo reprodutivo e non remunerado?

Asumimos que a reprodución e a sustentabilidade da vida vense permanentemente ameazadas por este sistema e, por iso, sentímonos comprometidas a denunciar as súas políticas terroristas e a visibilizar a importancia dos traballos de coidados que historicamente realizamos as mulleres de forma gratuíta ou baixo condicións de grande precariedade e explotación.

Colocamos as vidas e traballos das máis precarizadas no discurso e na xornada de mobilización e loita para dar cobertura a aquelas que queiran exercer o seu dereito a mobilizarse, sexa domingo ou mércores. As loitas para mudar este sistema radicalmente non deberían rexerse polo calendario. Consideramos e coidamos o dia 8 de marzo polo seu valor simbólico, polo que representa para as loitas feministas en prol da emancipación, a xustiza social, a liberdade e o fin das violencias machistas.

Ofrecemos o noso apoio e a nosa solidariedade coas compañeiras que traballan os domingos como arma de loita, con aquelas mulleres que co seu traballo remunerado e non remunerado sosteñen o mundo. E alén da cuestión salarial, que acontece cos abusos e agresións sexuais nos espazos de traballo coa súa maior actividade na fin de semana: camareiras, cociñeiras, gogós, traballadoras sexuais,….? Non son elas traballadoras sufrindo violencia patriarcal no seu posto de traballo de forma continuada en sábado e domingo?

Desde o feminismo autónomo aquí reunido queremos construír un 8 de marzo transfeminista, anticapitalista, antirracista, anticarcelario, contra a precarización da vida e o espolio da natureza e pola soberanía integral.

Queremos xuntar as nosas voces e a nosa forza por unha folga feminista que tire as siglas e coloque as vidas con dignidade, xustiza e liberdade no centro. Queremos defender a vida, a terra e as relacións humanas saudables e cooperativas.

Queremos defender os dereitos lexítimos, defender o corpo como barricada, a acción como discurso. Por iso, xunto coas compañeiras dos países e pobos convocantes, sumámonos dende a Galiza á chamada á folga feminista internacional. Unímonos a elas nunha fronte común de loita e desobediencia, nun berro ben alto e forte que rompan as cadeas que nos oprimen e contra toda esta violencia que nos cae enriba, que nos mata día a día, que destrúe todo canto hai.

Defendemos tamén ás compañeiras que fican fóra do feminismo máis hexemónico, como as migrantes, traballadoras sexuais, trans e as compañeiras presas.

AS MULLERES SOMOS TRABALLADORAS 7 DÍAS Á SEMANA: NA CASA, NO TRABALLO, NA VIDA.

AQUÍ ESTÁ A NOSA ARMA NA REVOLTA FEMINISTA: FOLGA DE MULLERES DOMINGO 8 DE MARZO

ASINANTES:

1 - Andrea Estévez Barreiro
2 - María Carbajal
3 - Quilombo Feminista
4 - USDG (Unión Sindical de Docentes de Galicia)
5 - Araceli Varela Gómez
6 - Daniela Ferrández
7 - CSA A Cova dos Ratos (Vigo)
8 - Coordenadora Centros Sociais do Sudoeste
9 - Colectivo de Creación Gravidade 0.0
10 - Natalia Moure López
11 - As Ghatas Salvaxes
12 - Constance Hurlé
13 - Montse Bragado Trigo
14 - Belén Acuña Regueira
15 - Ángela Souto Vieites
16 - Érika Otero
17 - Ángela Fraga María
18 - Rosario Iglesias Requeijo
19 - Soraia Cortés
20 - Iria Graña
21 - Mónica Prieto Trabeso
22 - Marta Costoya Viqueira
23 - Helena Capera Cullell
24 - Sabela Fraga Costa
25 - Marcia Vázquez Ramírez
26 - Lagháchema
27 - Ana Viqueira
28 - Marta Rodríguez Bóo
29 - Ana Maria Garcia Gonzalez
30 - María Gómez Durán
31 - Xemma Novelle Marcos
32 - Maria Fidalgo
33 - Eva Comesaña Sanromán
34 - Fátima Fernández Sánchez
35 - Bea Saiáns
36 - Lola Grande Yáñez
37 - María Pose Oreiro
38 - Belén Baños
39 - Natíchi Grandal Crespo
40 - Rita González
41 - Mª Asunción Viqueira Sende
42 - Menina Arroutada
43 - Diana Rei Martíns
44 - Ana Ojea Alonso
45 - María Bóveda García
46 - Eli Dosil Vieites
47 - Andrea Lamas Taboada
48 - Carmen Pereira
49 - Mari Rodríguez Pampin
50 - Ameixas da Ría
51 - Mari Rodríguez Pampin
52 - Flow do Toxo
53 - LS. Faísca
54 - Sandra Pesqueira
55 - Beatriz Carril Rivadulla
56 - Andrea Nunes Brions
57 - Patricia Gamallo
58 - Andrea de Francisco
59 - María Bóveda García
60 - Belén Acuña Regueira


RAZÓNS EXPRESADAS POLAS FEMINISTAS ASINANTES:

Porque os domingos trabalhan as companheiras máis precarizadas.

Polos dereitos de todas as traballadoras, porque o domingo tamén traballamos, porque non soltamos a man de ningunha muller, nin das migrantes, nin das coidadoras, nin das traballadoras sexuais, nin das racializadas, nin das presas..... . Polos dereitos de todas e para non perdelos! Por poñer no centro a vida das que, os domingos, tamén traballan. Por un feminismo de clase que rache as cadeas.💜

Por tódalas razóns de parar a economía, a sociedade, as familias, polos nosos dereitos. Pero un moi importante: parar como artista no 8M. Reivindico NON traballar nin como performer, cantante... Xusto na propia mani. Normalmente os colectivos chaman ás artistas neste día para facer unha acción, considero que é unha forma de non considerar a folga para as artistas e, a maiores, normalmente de forma gratuita (é dicir, precario). Podo entender que é unha maneira de crear movemento, pero non me parece xusto e, a maiores, a mani convértese máis nun festival que unha loita

Porque sem luita de base na rua não lograremos que o patriarcado caia. Porque não podemos permitir que se institucionalize o feminismo, que se converta num fator de legitimação do sistema. Contra a precarização da vida greve feminista!

Adicome á danza e ese día non vou participar coma artista en ningunha folga, xa que acostuman convocar a artistas o 8M para que fagamos o espectáculo e entretamos.

Porque as mulleres nunca deixamos de traballar nin de coidar, tampouco os domingos e porque todos os días nos esixen máis e nos esiximos máis porque a forza feminista choca (afortunadamente) co poder machista.

Porque as putas nom temos direitos de nimgúm tipo...NINGUM...e tamém travalhamos os domingos

Porque sem luita de base na rua não lograremos que o patriarcado caia. Porque não podemos permitir que se institucionalize o feminismo, que se converta num fator de legitimação do sistema. Contra a precarização da vida greve feminista!
Nome:
Apoia o comunicado facendo chegar o teu nome persoal ou o da organización/colectivo
Razón pola que apoias a greve (opcional):
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy