Formulario para solicitar de xeito online o préstamo de libros, dvds e cds da Biblioteca Carmen Loriga Tomé do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto
Recorda, que tamén podes realizar a solicitude de préstamo de xeito presencial. Este é o noso horario de atención ao público: de 9:30 a 15:00 e de 16:00 a 21:30, agás os venres que pechamos ás 20:30 horas.
* obrigatorio
NORMAS DE USO
1.A persoa que solicita o préstamo, deberá encontrase nalgunha das circunstancias seguintes durante o presente curso escolar 2021/22:
- Formar parte do persoal docente do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto.
- Formar parte do persoal non docente do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto.
- Formar parte do alumnado do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto matriculado no rexime ordinario, modular ou a distancia (non será posible tramitar solicitudes por parte das persoas matriculadas en probas libres).
2. A persoa solicitante do préstamo deberá:
- Consultar previamente o noso catálogo de fondos (podes facer uso da nosa "Guía rápida de procuras")
- Cubrir adecuadamente os datos solicitados no presente formulario e aceptar o seu envío.
- Solicitar como máximo tres fondos cada vez. Os fondos clasificados como de “consulta na sala” non poderán ser emprestados.
- Estar pendiente do aviso de confirmación do préstamo, que será enviado ó enderezo electrónico facilitado neste formulario de solicitude. As solicitudes serán atendidas por orden de chegada, e tramitadas en función da disponibilidade horaria do equipo de biblioteca. Rogamos teñades a paciencia precisa para esta situación...
- Realizar, de xeito presencial na biblioteca, a recollida dos fondos prestados no prazo máximo de 48 horas desde a recepción do aviso de confirmación do préstamo (transcurridas 48 horas desde o envío do aviso de confirmación do préstamo, os fondos volverán a estar dispoñibles para o préstamo a outras persoas). Para poder recoller os préstamos, a persoa deberá identificarse co DNI ou co carnet de estudante ou persoal docente.
- Realizar, de xeito presencial na biblioteca, a devolución dos fondos nun prazo máximo de 15 días contados desde a data do envío do aviso de confirmación do préstamo.