CANDIDATURAS                                                           Premios Rebulir da Cultura Galega 2022
Neste formulario poderás facer a candidatura do Grupo, colectivo, proxecto ou persoa que creas que merece recibir o Premio Rebulir 2022 á cultura galega nalgunha das súas categorias.

O Premio Rebulir de Cultura Galega, nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz.  
A entrega do premio faise no marco da Gala central do FIR (Festival Internacional Rebulir) e consiste na entrega dun diploma acreditativo e dunha estatuilla identificativa do galardón.

O Xurado está composto por diferentes representantes dos colectivos organizadores do Premio e por profesionais externos que representes os diferentes eidos do mundo da cultura galega.

Os premiados levan sido:

2021 -  Xabier Diaz + Xabarín Club (TVG) + Anxo Angueira
2020 - Mercedes Peón + Fina Calleja + Banda de Música de Vilanova dos Infantes
2019 - Rosa Cedrón + Antonio Durán "Morris" + Coral de Ruada
2018 - Guadi Galego + Carlos Blanco + Romaría Raigame
2017 - Uxia Senlle + Xosé Ramón Gayoso + Lois Antón Pérez
2016 - Leilía + Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán + Banda de Música de Ramirás
2015 - Kepa Junkera + María do Ceo + Susana Durán
2014 - Xosé M. Piñeiro + Xosé Diz
2013 - Rubén Riós
2012 - Laura González (Maret)

DATA LÍMITE PARA O ENVÍO destas CANDIDATURAS - 10 de Xuño de 2022
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Candidato/a - Candidatos/as *
Categoría na que enmarca *
Required
Motivación principal da candidatura
Méritos alegados *
Contacto da persoa ou grupo candidatado (no caso de coñecer esta información)
Persoa ou colectivo que fai a proposta (Incluir datos de contacto -email, telefono, enderezo...) *
Observacións ou suxestións para o Xurado dos Premios Rebulir
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy