Dende a ANPA CEIP A PONTE realizamos esta actividade co fin de dar a coñecer a festividade dos MAIOS dentro da nosa comunidade organizando un obradoiro para a confección de coplas e do maio que se desenvolverá en 4 xornadas.
Non é obrigatorio participar nas 4 xornadas para poder inscribirse.
Unha actividade pensada para a convivencia para as pequenas/os, nais, pais e avós/oas, aínda que a participación pode ser individual.
OBXECTIVOS
- Achegar a festa tradicional dos maios aos neno/as a carón das súas familias.
- Coñecer a flora característica destas festas, realizando actividades divertidas e educativas.
- Fomentar a relación interxeracional, escoitando tanto as propostas das/os nenas/os como as dos maiores
- Aprender a divertirse coa natureza
PROGRAMA
Venres 26/04/23 de 17:00 a 19:00h no CEIP A Ponte
- EXPLICACIÓN DA FESTA DOS MAIOS
- CONFECCIÓN DAS COPLAS
Venres 03/05/23 de 17:00 a 20:00h no CEIP A Ponte
- COMEZO DA ELABORACIÓN DO MAIO
- ENSAIO DE CANTO DAS COPLAS
Sábado 04/05/23 de 10:30 a 13:30h no CEIP A Ponte
- REMATE DO MAIO
- CANTO DAS COPLAS
Domingo 05/05/23 de 10:30 a 13:30h na Rúa do Paseo
10:30 - 13:00 = Cantar as coplas a carón do maio