O próximo 4 de xullo, as falangulleiras e falangulleiros (podcasteiras/os galegas/os) organizamos as Galipod, Encontro galego de podcasting, das que xa se fixeron varias edicións anteriores, na Coruña, Santiago e Marín.

Nesta edición o encontro galego de podcasting será en Ourense, e complementarase o encontro con obradoiros e un debate asembleario, no que falar sobre a organización do podcasting en Galicia.

A intención é poder xuntarnos tanto falangulleiras e falangulleiros como ouvintes, para poder compartir un espazo de aprendizaxe e de traballo.

Sempre que poidades interesaríanos coñecer o número de persoas que van asistir e o seu perfil, para iso temos creado este formulario.

Agardamos por vós!!
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Horario:
11.00._ Chegada e café de benvida.

11.30 - 13.00._ Obradoiros sobre falangullos:
Obradoiro de cortinillas, ráfagas e promos.
Obradoiro construir unha marca propia.

13.00 - 14.30._ Debate asembleario.

14.30 - 16.30._ Comida.

16.30 - 17.00._ Sobremesa de proxectos. Ideas de proxectos novos colectivos.

17.00 - 18.30._ Directos e gravacións.
Lugar do evento:
Magma Espacio, rúa Bedoya 27, Ourense: http://www.magmaespacio.es/
Nome
Correo electrónico
Falangulleira ou ouvinte?
Falangulleira ou falangulleiro no podcast ...
Como coñeciches as Galipod, encontro galego de podcasting?
Calqueira comentario
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy