V Semana da Ciencia do IGFAE: Conferencia Rolf Heuer
O ex director xeral do CERN será o protagonista do gran evento divulgativo anual do IGFAE, dando unha charla de divulgación sobre o bosón de Higgs, a partícula que supuxo un fito científico e acaparou a atención de todos os medios de comunicación e a sociedade hai agora unha década.

A conferencia, titulada “Celebrando 10 anos do bosón de Higgs: explorando o universo temperán non CERN” terá lugar o xoves 24 de novembro ás 20 horas no auditorio Abanca de Santiago de Compostela. A entrada é gratuíta, previo rexistro, ata completar aforo e tradución simultánea do inglés ao castelán. Reserva a túa invitación neste formulario.
 
Duración aproximada da conferencia: 45 minutos
Duración aproximada do coloquio posterior: 30 minutos.

Data: 24 novembro, 20:00h
Lugar: Auditorio Abanca, Rúa Preguntoiro 23, Santiago de Compostela.

Este formulario permanecerá aberto ata esgotar as prazas.

Para dúbidas e consultas, enviar un email a elena.mora.cuesta@usc.es

Máis información: https://igfae.usc.es/igfae/gl/rolf-heuer-v-semana-da-ciencia-igfae/
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome e apelidos *
Teléfono *
Indica número de prazas a reservar, incluíndo a túa. (máximo 4 por solicitude)
*
A copy of your responses will be emailed to the address you provided.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy