Un ano máis o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira promove a realización de obradoiros relacionados coa música e o baile dos países celtas para completar así a súa programación e oferta cultural durante os días do Festival.
As prazas son limitadas, así que se confirmas a túa asistencia e despois non podes acudir, avisa á organización a través de obradoiros@festivaldeortigueira.com para poder avisar á xente que quede en lista de agarda.
En caso de que queiras participar en varios obradoiros, deberás cumplimentar un formulario para cada un deles.
Baile galego: (xoves 16:00-18:00) 60 PRAZAS - AGOTADO
Obradoiro de inciación ao baile galego. Impartido pola Banda de Gaitas Lembranza Solpor de Celanova.
Baile bretón: (venres 16:00-18:00) 60 PRAZAS. - AGOTADO
Obradoiro de iniciación ao baile bretón. Impartido pola Kevrenn Brest Sant Mark.
Baile asturiano: (sábado 16:00-18:00) 60 PRAZAS. - AGOTADO
Obradoiro de inciación ao baile asturiano. Impartido polo Grupu Folkloricu Prau Llerón.
OBRADOIROS DE CORDA: imprescindible traer o teu instrumento, ambos obradoiros ofrecen unha visión moderna, viva e respectuosa da música tradicional galega, ideais para instrumentistas de corda con ganas de aprender, experimentar e reinventar a tradición.
Violín: (venres 12:00-14:00; venres 16:00-18:00; sábado 12:00-14:00) 15 PRAZAS.
Marc Xarau (violinista catalán e gaiteiro) achegará a súa experiencia en violín tradicional e músicas balcánicas, explorando a relación entre a gaita e o violín. Centrarase na ornamentación, estrutura melódica e harmonía para unir tradición galega e outras sonoridades europeas.
Corda pulsada: (venres 12:00-14:00; venres 16:00-18:00; sábado 12:00-14:00) 15 PRAZAS.
Hugo Franco (guitarrista e produtor vigués) traballará a corda pulsada (guitarra en afinación DADGAD, mandolina...) reinterpretando o repertorio galego con influencias do folk irlandés e escocés. Fará fincapé na harmonía, a forma, os arranxos e a ornamentación típica da música de gaita.
Unha vez cuberto o formulario poñerémonos en contacto contigo a través de correo electrónico para confirmarche a túa praza.
Para calqueira dúbida podes escribir a: obradoiros@festivaldeortigueira.com.