Suxestións e queixas
Coa intención de coñecer o grao de satisfacción dos usuarios con respecto ao cumprimento dos requisitos por parte do CIFP Carlos Oroza , poñemos á súa disposición as seguintes fontes de información:

- Suxestión: Idea que se lle aporta á dirección do CIFP con ánimo construtivo para a súa mellora.

- Queixa: Mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a dirección do CIFP non ten contraídos compromisos debidos ao SXC (Sistema de Xestión da Calidade) ou legais.

Teñen a consideración de suxestións todas aquelas iniciativas e propostas, presentadas por escrito por calquera persoa física ou xurídica, que teñan como finalidade mellorar a organización e/ou a calidade dos servizos prestados, en especial, aquelas que poidan contribuír a simplificar, reducir ou eliminar trámites na súa relación coa Administración.

Teñen a consideración de queixas as formulacións presentadas por escrito, por calquera persoa física ou xurídica, relativas a calquera aspecto de insatisfacción sobre o funcionamento dos servizos prestados, especialmente tardanzas, desatencións ou calquera outra deficiencia na súa actuación, que contribúan a incrementar os parámetros de eficacia, eficiencia e calidade na prestación dos servizos públicos.

Pode presentarse cubrindo este formulario ou por escrito entregando na secretaría do centro dirixido a dirección do CIFP Carlos Oroza
Normativa:

Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración
Decreto 129/2016, do 15 de setembro, polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia

Agradecemos a súa colaboración por canto poida redundar nunha mellora na calidade dos servizos que presta a nosa Administración.

Email address *
Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Additional Terms