NEW START_2023/24

O obxectivo desta formación é fomentar a cultura emprendedora e a empregabilidade das persoas participantes a través do acceso a coñecementos relacionados co emprendemento empresarial en Economía Social e Solidaria,  facilitando ao alumnado as ferramentas necesarias para analizar as necesidades e requirimentos fundamentais para afrontar o proceso do emprendemento; coñecer os procesos  necesarios para a posta en marcha dunha empresa de Economía Social; e os aspectos xurídicos, fiscais, laborais, a elaboración do seu plan de empresa e o programa de axudas da Economía Social.

  • Datas: 24, 25, 26 e 27 de outubro de 2023
  • Horario: de 09:00 a 14:00 horas
  • Modalidade: Presencial
  • Obxectivos:
    - Coñecer as distintas formas xurídicas en economía social.
    - Experimentar o proceso de posta en marcha dunha empresa de economía social.
    - Determinar claramente o seu proxecto e a súa oferta de valor.
    - Identificar o seu mercado e determinar o posicionamento dentro do mesmo.
    - Analizar a competencia e identificar eixos de cooperación co tecido existente.
    - Identificar os seus segmentos de clientes e/ou de usuarios.
    - Facer unha planificación estratéxica dos seus proxectos.
    - Determinar unha previsión de custos e ingresos dos seus proxectos.
    - Facer unha previsión financeira dos seus proxectos e comprobado a viabilidade económica do mesmo.
    - Identificar as fontes de  financiamento posibles para os seus proxectos
    - Adquirir as habilidades para comunicar e adaptar a súa mensaxe en función das persoas a quen vai dirixido.
    - Coñecer as obrigas fiscais das empresas de economía social.
    - Obter contactos pertinente de proxectos similares aos seus para poñerse en rede.
  • Público obxectivo: Persoas que están interesadas en formarse e por en marcha unha iniciativa en economía social
  • Programa “NEW START” (20 horas):
    • Sesión 1.- Entidades de Economía Social: Aspectos clave na elección da Forma Xurídica e  Trámites de Constitución_ Duración 5 horas.
      o   Definición da economía social
      o   Principios que rexen a economía social
      o   Tipos de entidades de economía social
      o   Formas xurídicas e trámites de constitución
    • Sesión 2.- Plan de Empresa e implantación dun Modelo de Negocio Sostible en Entidades de Economía Social: O Método Canvas_ Duración 5 horas.
      o   Creación e emprendemento en economía social
      o   O Plan de Empresa
    • Sesión 3.- Viabilidade económica-financeira e Incentivos á Economía Social: Axudas e Subvenciones_ Duración 5 horas.
      o   Estudo da Viabilidade Económica – Financeira  nas entidades de Economía Social
      o   Incentivos á Economía Social: Axudas e Subvencións
    • Sesión 4.- Fiscalidade para emprendedores en Economía Social_ Duración 5 horas.
      o   Introdución ao sistema impositivo
      o   Obrigacións tributarias das entidades de economía social
      o   O IAE  e  o alta Censal
      o   Retencións
      o   O IVE
      o   O imposto sobre sociedades
      o   Réxime especial de Cooperativas
      o   Fiscalidade de Sociedades Laborais
      o   Fiscalidade das Asociacións
  • Inscrición:
    •  Gratuíta
    • Ata o 23 de outubro de 2023
    • A través deste formulario de inscrición ou no teléfono 988 39 15 15
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2023 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social

Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy