Meira por medio
O sábado, 27 de maio, imos de excursión polas terras de Riotorto, A Pontenova e aos castros de Viladonga e Sa co seguinte itinerario:

MAÑÁ
- Saída ás 09.30 desde A Cruz do Lobo.
- A primeira parada será na mina romana d'A Muxueira en Riotorto. Alí faremos un pequeno percorrido para que vexades esta marabilla esquecida case 2000 anos.
- Continuaremos ate Sanxés no concello de A Pontenova, onde faremos a ruta da Seimeira (6 km, dificultade moderada).

XANTAR
Para xantar temos sitio para 18 persoas na Taberna de Montse na parroquia de Santa Comba de Órrea ( Riotorto).

TARDE
- Á tarde visitaremos o castro e o museo de Viladonga (restauración e excavación recentes) no concello de Castro de Rei.
- Remataremos no castro de Sa, concello da Pastoriza.

DESPRAZAMENTOS
Os desprazamentos realizaranse en coches particulares, buscando ir de catro a cinco persoas por coche, agás que consigamos un número suficiente de participantes que desexen ir en autobús, daquela poñerémonos en contacto para itinerario e horarios.

Debes encher un cuestionario por praza a reservar.

PREZOS POR PERSOA
(a) Todas as actividades, xantar e seguros:
- Socias, desempregadas e menores de 12 anos: 18 €
- Público en xeral: 21 €
****************Para anotarse a esta opción tedes até o mércores día 24.*********
(b) Actividades e seguros sen o xantar:
- Socias, desempregadas e menores de 12 anos: 7 €
- Público en xeral: 10 €
(c) Media xornada matutina sen o xantar:
- Socias, desempregadas e menores de 12 anos: 7 €
- Público en xeral: 10 €

Visita aos castros e ao museo de Viladonga: Gratuíta.

De que maneira queres participar?
Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Additional Terms