APOIOS VISUAIS PARA MELLORAR A VIDA DAS PERSOAS CON TEA E ÁS SÚAS FAMILIAS
Destinatarios: o curso está destinado exclusivamente a familias de persoas con TEA, tendo preferencia as familias socias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.

Número de prazas: 35

Data de realización: 08/06/2019
Horario: de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30
Lugar de realización: Centro Abanca , Edificio IESIDE. Rúa Nova nº 33, Santiago de Compostela. Cp.15704.

Docente: Marlene Horna Castiñeiras
Licenciada en Psicoloxía, Diploma de Estudos Avanzados e Master en Atención Temperá. Conta con máis de 15 anos de experiencia no ámbito dos Trastornos do Espectro do Autismo. Posúe ampla experiencia como docente, adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institucións, universidades e asociacións. Na actualidade traballa de forma autónoma en entornos naturais e na Asociación Bata.

Algunha vez fixécheste algunha das seguintes preguntas: pero se utilizo apoios visuais non se volverá máis vago?; como podo facer para que non lle afecten tanto os cambios?; por que non me fai caso por máis que lle ensino o pictograma?; que é mellor, utilizar fotos ou pictogramas?; por que seguimos tendo tantos problemas se lle anticipamos tódalas actividades?; por que faime caso soamente cando o debuxei se entendeume perfectamente ao dicirllo con palabras?; como podo saber se segue precisando este apoio visual?; etc.

No curso daremos resposta a estas e a outras moitas interrogantes sobre o bo e mal uso dos apoios visuais, e de que maneira podemos utilizalos para axudar ao noso fillo a vivir máis tranquilo, aprender cousas, ser máis flexible, auto regular o seu comportamento, relacionarse mellor con outras persoas, etc., dende un enfoque práctico a través de numerosos exemplos.

PROGRAMA

1. Comprender para apoiar mellor á persoa no espectro.
2. Pensadores e aprendices visuais.
3. Comprendendo porqué xorden as conductas problemáticas.
4. Apoios visuais para axudar a comprender o espazo e o tempo.
5. Apoios visuais para traballar a flexibilidade ante os cambios e entender e respectar as normas.
6. Apoios visuais para fomentar a autonomía e independencia.
7. Apoios visuais para mellorar as relacións cos demais.

Prazo de Inscrición: Ata o 21 de maio de 2019
Prezo: 65€.
Familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia: 12€


Confirmaráselle a praza por correo electrónico e facilitaráselle número de conta bancaria para facer o ingreso. A confirmación de prazas realizarase unha vez finalizado o prazo de inscrición.

Nome e apelidos *
Your answer
D.N.I *
Your answer
Correo electrónico *
Your answer
Teléfono *
Your answer
Entidade/Organización/ Asociación a que pertence
Your answer
Idade do seu fillo/a-
Your answer
Indica se o seu fillo ten linguaxe oral : SI/NO
Your answer
Se precisa factura cubra os seguintes datos:
Your answer
Nome ou Razón Social
Your answer
NIF / CIF
Your answer
Dirección Postal
Your answer
(*) Confirmaráselle a praza por correo electrónico unha vez finalizado o prazo de inscrición e facilitaráselle un número de conta para facer o ingreso. Enviar copia de xustificante de pagamento a info@autismogalicia.org
Your answer
FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA
(*) Cláusula de protección de datos
De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que os datos facilitados nesta solicitude poderán ser incorporados a un ficheiro de datos persoais responsabilidade da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA, provista de CIF Nº G15549306, con domicilio social en Rúa Home Santo de Bonaval, número 74, baixo, Código Postal 15703, Santiago de Compostela, coa finalidade de xestionar axeitadamente a organización e desenvolvemento da actividade formativa.Infórmaselle así mesmo que durante o desenvolvemento da actividade formativa poderase captar, mediante fotografía, filme ou calqueroutro procedemento a sua imaxe e de non facer indicación en contrario, marcando a casilla habilitada para tal fin, autoriza a súa reprodución e a súa publicación sen ánimo do lucro nas publicacións de promoción interna ou externa de carácter informativo e/ou divulgativo, tales como memorias, boletíns, página web, material divulgativo, proxectos e calqueroutro formato ou canle de comunicación da entidade.Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixindo a súa solicitude por escrito asinado e achegando fotocopia do seu DNI ou documento identificativo equivalente á FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA ao enderezo xa sinalado.
Your answer
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service