A Taberna da Parroquia - artistas
Ola!

Se está(de)s neste formulario é porque se che/vos convidou ou te(de)s interese en participar como artista(s) na Taberna da Parroquia. Antes de responder ás preguntas (leva menos de 5 minutos), hai que ter en conta a seguinte información:

A Taberna da Parroquia é efímera. Abre unha vez ao mes durante 4 horas. Nese tempo haberá artistas que participen de maneira programada e outras que participen de maneira espontánea durante a quenda de micro aberto. Ao rexistrarte/vos neste formulario, estase mostrando interese en participar como artista(s) programada(s). Nesta Tabernada que celebraremos o 5 de outubro, renderemos homenaxe a unha inconfundible icona da cultura galega: o  narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, polo que se che/vos inspira para formular unha proposta artística, é o momento ideal para compartila con todas "nós".
  • Formato: non é un teatro con público, é unha taberna con xente que vai e vén con intención de pasalo ben e distraerse.
  • Duración da performance: 10 minutos aprox.
  • Compensación: dúas consumicións + unha porción de empanada por persoa.
  • Data e hora de participación: será concretada por WhatsApp coa persoa de contacto. En calquera caso, podes ver a programación e temáticas das tabernadas nas redes da @ACGB / https://acgb.gal/ / 
  • Liberdade artística: a performance pode ser sobre o que se queira, pero cómpre lembrar que cada tabernada ten a súa propia temática. Sería xenial que as performances se poidesen ligar a ela.
Sign in to Google to save your progress. Learn more
1. Cantas persoas sodes? *
2. Nome *
De que maneira te / vos identificamos? Pode ser nome artístico, nome e apelidos, ou como queira(de)s que se te/vos chame.
3. Instagram
Deixa aquí o teu/voso IG, se te(de)s, no caso de que queira(de)s que se che/vos etiquete nas publicacións que promocionen a túa/vosa participación na Taberna.
4. Disciplina artística *
Que tipo de arte se vai performar?
5. Breve descrición da proposta artística *
Esta info será a que se teña en conta tanto para presentar a performance tanto na Taberna como nas RRSS.
6. Necesidades técnicas *
Precísase algo para a túa/vosa performance? Luz, mobiliario, equipo audiovisual, espazo, etc.
7. Forma de contacto
Teléfono (con WhatsApp) ou email.
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service - Privacy Policy

Does this form look suspicious? Report