Polo fin do comercio de armas co Israel

Israel está bombardeando deliberadamente na Faixa de Gaza barrios residenciales, escolas, campos de refuxiados, hospitais e ambulancias. O fiscal da Corte Penal Internacional ten aberto investigacións por crimes de guerra e organizacións de dereitos humanos e axencias de Nacións Unidas urxen a que a comunidade internacional tome medidas urxentes para deter esta masacre. Só entre o 7 de outubro e o 7 de novembro de 2023 foron asesiñadas en Gaza máis de 10.000 persoas, entre elas máis de 4000 nenos e nenas. Save the Children denuncia que habería máis mortes infantís na Faixa de Gaza neste derradeiro mes que en todo o mundo dende o 2019. Segundo estas organizacións, un neno morre cada 10 minutos en Gaza.

Expertos de Nacións Unidas chaman a atención do que está a suceder a día de hoxe en Gaza podería ser un xenocidio e instan a os gobernos a pasar a acción afirmando que "os aliados de Israel tamén teñen responsabilidades e deben actuar agora para impedir seu desastroso curso de acción (...) todas as partes deben cumplir súas obrigacións en virtude do dereito internacional humanitario e dos dereitos humanos".

O artigo I da Convención para a Prevención e Sanción do Delito de Xenocidio da que o Estado español é asinante, obriga a os estados a tomar medidas para previr e sancionar este tipo de crimes contra a humanidades. Lembremos que, ademais, este indicio de xenocidio cometese contra un pobo que leva décadas sometido a un réxime de apartheid, como denuncian Amnistía Internacional e Human Right Watch.

O embargo de armas é un paso necesario nesta direción e unha obriga non só moral, senon tamén legal, como recollese no marco xurídico español que prohibe a venta de armas a países en conflito o nos que danse importantes vulneracións de Dereitos Humanos. Estas normas son:

       1. Lei 53/2007, de 28 de nadal, encol o control de comercio exterior de material de defensa e de duplo uso.

       2. Tratado encol o comercio de armas, ratificado por España o 17 de marzo de 2014.

       3. Posición común 2008/944/PESC do Consello, de 8 de nadal de 2008, pola que definense as normas comúns que rixen o control das exportacións de tecnoloxia e equipas militares.

O goberno español xa tomou decisións semellantes con anterioridade como cando suspendeu a venda de armas en Libia durante a súa guerra civil ou a venda de material antidisturbios en Venezuela. Contamos aínda cun precedente de suspensión temporal de armas a Israel en agosto de 2014. Nesta data, baixo a Presidencia de Mariano Raxoi, Israel asesiñou a 2205 palestinos en Gaza, dos que 538 eran nenos e nenas. Si naquel momento o embargo de armas estaba xustificado, hoxe é máis necesario que nunca.

É importante entender este embargo de armas de maneira bidireccional, é decir, é necesario prohibir a venta coma a compra de armamentos e tecnoloxía de seguridade a Israel. España compra moitas máis a Israel das que vende. Israel usa a Palestina de maneira especial na Faixa de Gaza, como campo de experimentación para tratar novas armas e métodos de represión que logo exporta para ser usados contra población civil no mundo. Estos produtos publicítanse como "probados en combate" e esto convertese nun valor engadido no mercado da seguridade e a defensa internacional. A marca "probados en combate" que Israel promociona fai referencia a produtos que estánse probando sobre población civil palestina. Un xenocidio tiña que rendir contas e non beneficios económicos.

Os gobernos, entre eles o Goberno do Estado español, ten a responsabilidades e o deber de contribuir ao mantemento da paz e ao respeito dos dereitos humanos en todo o mundo e esto pasa por acabar coa impunidade de Israel ante seus sistemáticos crimes contra o pobo palestino.

As entidades asinantes pensamos que o Estado español pode e debe liderar este proceso e convertirse nun referente mundial para a construción da paz e a xusticia global.

Por todas estes motivos, esiximos ao Goberno de España o fin inmediato do comercio militar e de seguridade co Israel.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Nome da organización *

Nome da persoa que asina en nome da organización

*
Email de contacto *
Confirmo que teño autorización para asinar esta petición en nome de miña entidade *
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy