Benvidxs a
Escola de CircoNove.
As inscricións están abertas para o curso 2025/26.
Unha vez envíes a ficha de inscrición recibirás unha confirmación da súa recepción.
As persoas admitidas recibirán
un correo de Benvida e terán que facer o ingreso da matrícula para reservar a praza. A mesma só queda reservada unha vez realizado este pago.
Prezo xeral matrícula: 30€.
Alumnos do curso 2024/25 que se matriculen ata o día 27 de xullo de 2025 incluido: 20€.
O pago da matrícula supón a aceptación da
Normativa de Escola.
Todos os cursos son regulares de
setembro a xuño.Poderás beneficiarte de descontos nas mensualidades se vés a máis dunha aula por semana (desconto incluido nos prezos deste documento), ou se tes familares matriculados nalgún curso regular. Atoparás toda a
información de descontos na normativa da escola.
Se antes de formalizar a matrícula, queres vir a unha clase de proba, deberás encher este formulario e abonar 10 € os cales se descontarán da cota mensual en caso de continuar na escola nese mesmo mes.
Indica no apartado 'Comentarios' deste formulario "clase de proba" e enviarémosche un email para confirmar a data da proba e explicarte o proceso para realizar o pago da mesma.
A continuación podes ver a información das disciplinas que ofertamos para o curso 2025/26. Os prezos de 2 días / semana inclúen o desconto por aulas que terá calquera alumnx que veña 2 días á semana:
ACROBACIAS Adultxs e rapazada a partir de 14 anos
Datas: Luns e/ou mèrcores de 20:00 - 21:30 h
Mensualidade: 40 € - 1 día / semana
70 € - 2 días / semana
Profesor: Miguel Gómez
XIMNASIA ACROBÁTICA
Nenxs a partir de 6 anos (primaria) e rapazada ata 14 anos
Datas: Martes NIVEL 1: 17:00 - 18:00 h. Idade aprox. 6 a 8 anos (para principiantes)
Martes NIVEL 2: 18:00 - 19:00 h. Idade aprox. 8 a 10 anos (con nivel básico acrobático)
Martes NIVEL 3: 19:00 - 20:00 h. Idade aprox. 10 a 14 anos (nivel avanzado)
O primero día farase unha proba de nivel e en función desa cambiarase de nivel ou non.
Mensualidade: 35 €
Profesoras: Mercè Solé e Greta Marí
VERTICAIS
Adultxs e rapazada a partir de 14 anos
Datas: Martes de 18:00 - 19:30 h
Mensualidade: 40 €
Profesora: Bea Rubio
MÁSTIL CHINO con Abel Jaxaay (NOVA!!)
Adultxs e rapazada a partir de 14 anos
Datas: Martes e/ou xoves10:30/12:00h
Mensualidades: 40 € - 1 día / semana
70 € - 2 días / semana
Profesor: Abel Jaxaay
TÉCNICAS AÉREAS con Mercé Solé
Adultxs
Datas: Martes e/ou Xoves, 20:00 - 22:00 h
Mensualidade: 45 € - 1 día / semana
80 € - 2 días / semana
Profesora: Mercé Solé
TÉCNICAS AÉREAS con Raquel Veganzones e Girisho Gordon
Adultxs
Datas: Mércores, 18:30 - 20:00 h
Mensualidade: 40 €
Profesoras: Girisho Gordon e Raquel Veganzones
AÉREOS para XOVESRapazada de 9 a 14 anos
Datas: Luns, 17:00 - 18:30 h GRUPO A (cheo)
18:30 - 20:00 h GRUPO B
Mensualidade: 40 €
Profesoras: Raquel Veganzones e Girisho Gordon
MALABARES
Idade mínima recomendada é de 13 anos.
Datas: Xoves, 17:30 - 19:00 h
Mensualidade: 40 €
Profesor: Xampi
PRE CIRCO
Nenxs de 3 a 5/6 anos (educación infantil)
Datas: Mércores, 17:00 - 18:00 h
Mensualidade: 35 €
Profesoras: Raquel V., Girisho Gordon e Greta Marí
OBRADOIROS DE CIRCO (Variedade de disciplinas circenses)
De 6 a 12 anos (primaria)
Datas: Venres, 17:00 - 18:30 h
Mensualidade: 40 €
Profesoras: Luz García e Girisho Gordon
CLOWN
Adultxs
Datas: Xoves, 18:00 - 20:00 h
Mensualidade: 45 €
Profesores: Arturo Cobas
CREACIÓN DE NÚMEROS E RUTINAS (NOVA !!!)
Adultxs
Datas: Mércores, 18:00 - 20:00 h
Mensualidade: 45 €
Profesor: Alvaro Fitinho
PREPARACIÓN FÍSICA E FLEXIBILIDADE
Adultxs
Datas: Luns e/ou Mércores, 12:00 - 13:30 h
Mensualidade: 40 € - 1 día / semana
70 € - 2 días / semana
Profesora: Mercè Solé
CONDITIONING AÉREO (NOVA !!!)
Adultxs
Datas: Venres, 18:30 - 20:00 h
Mensualidade: 40 €
Profesor: Alvaro Fitinho
USUARIOS 2025/26:
Podes vir a entrenar no noso espazo como usuarix de entrenos.
A matrícula de usuarixs para o curso 25/26 é obrigatoria*, inclúe seguro e ten un custo de 10€. É un pago único no curso e a matrícula ten validez ata o fin do mesmo, 31/08/2026.
Os prezos dos entrenos son os seguintes:
Dia solto: 5 €
Mes: 35 €
Ano: 250 € (inclúe matrícula)
Funcionamento. Unha vez feita a inscrición, recibirás un correo de benvida coa información necesaria para matricularte. E unha vez pagada a matrícula e o teu primeiro entreno (día, mes ou ano), engadirémoste a un grupo de whatsapp para que podas ver e reservar os distintos espazos da nosa nave segundo a dispoñibilidade do espazo.
*Alumnxs da Escola xa que teñen incluída a matrícula de usuarixs coa matrícula da Escola.