Durante os meses de xuño, xullo e agosto o concello de Zas ofrece visitas guiadas ao patrimonio arqueolóxico de Brandomil.
As visitas terán lugar os luns, mércores e venres ás 12:00 da mañá, sendo obrigatoria a inscrición previa, indicando o día escollido para participar.
📍 Punto de encontro: Ponte Vella de Brandomil
Para grupos organizados, é preciso contactar previamente no teléfono 981 71 80 56 ou no correo electrónico tania.carreira@concellodezas.org.