EXAME DO CAZADOR (III): Parte teórica
A proba teórica do exame do cazador da Xunta de Galicia consistirá en contestar por escrito un grupo de 60 preguntas tipo test con tres respostas alternativas, das que soamente unha é a correcta, sendo necesario acertar polo menos a metade delas. Con este exercicio que che propoñemos, darás un repaso completo a 30 preguntas das que se utilizan para facer o exame teórico e servirache de preparación para o verdadeiro exame teórico da Xunta de Galicia.
* Required
É UN SERVIZO GRATUITO DE UNITEGA
Con esta aplicación gratuíta poderás practicar facendo cuestionarios tipo TEST cun total de 30 preguntas. Ao completalos poderás saber o total de acertos e erros que cometiches. Podes repetir os cuestionarios tantas veces como desexes. As preguntas e as súas respostas irán variando de orde en cada intento que fagas. Nestes cuestionarios deberás responder a todas as preguntas para poder coñecer a nota final que obtiveches e os coñecementos teóricos que tes.
¿Cál das seguintes armas está mais relacionada coa modalidade de asexo?
*
1 point
Rifle de ferrollo con mira telescópica
Rifle de repetición con mira telescópica
Escopeta do 16 con cartuchos de bala
O Plan de Aproveitamento Cinexético, ten unha vixencia:
*
1 point
Bianual
Quinquenal
Anual
¿Cántas armas se poden levar a un axexo?
*
1 point
As que o garda ou guía crea oportuno
1 soamente
2 pero de diferentes calibres
¿Cál destas modalidades é a mais típica para cazar a perdiz rubia en Galicia?
*
1 point
En man
Axexo
Con reclamo
¿A partir de qué idade se pode exercer o dereito a cazar?
*
1 point
18 anos
16 anos
18 anos, sempre que se vaia acompañado dun cazador maior de idade.
¿Cantos cartuchos pode conter no seu cargador, como máximo, unha escopeta de caza?
*
1 point
Tres
Dous
Un
¿Qué diferencia existe entre unha montería e un olleo?
*
1 point
O emprego ou non de cans
O número de cazadores que participan
O número de batedores ou asexadores permitidos
Cando no exercicio da caza se abate unha lebre, para previr o contaxio da tularemia, é recomendable:
*
1 point
Realizar un rápido sangrado do animal
Non tocala directamente, recollela cunha bolsa ou guantes de plástico.
Collela unicamente polas orellas
Para posuír unha peza de caza viva en catividade, é necesario:
*
1 point
Que a peza de caza fose capturada no período hábil establecido para a especie.
Autorización da Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
Que a peza de caza proceda dunha explotación cinexética industrial.
¿Cál das seguintes enfermidades pode padecer o raposo?
*
1 point
A rabia
O moquillo canino
As dúas repostas anteriores son correctas.
Cando un cazador, fire unha peza de caza en terreo no que está autorizado para cazar, e coa finalidade de cobrala, ¿pode entrar en terreo distinto, no que non está autorizado para practicar a caza?
*
1 point
En todos os casos, sempre que entre só, sen armas nin can.
En ningún caso.
En terreos abertos sometidos a réxime cinexético especial, e para pezas de caza menor, cando o cazador entre a cobrala peza só, sen armas nin can, ou en terreos cercados con autorización do seu titular ou representante.
¿Qué diferencia existe entre o zapeo e batida?
*
1 point
Que nunha modalidade se empregan cans e na outra non
Que nunha modalidade soamente se emprega munición de caza maior e na outra soamente de menor
Ningunha é certa
Si me invitan a participar nunha “espera” ¿qué tipo de munición levarei?
*
1 point
Balas, pois é unha modalidade de caza maior
Terei que preguntar si é de día ou de noite
Perdigóns, pois é unha modalidade de caza menor
¿Cál destas condicións non é necesaria para ter dereito a cazar?
*
1 point
Estar en posesión da pertinente licencia de caza
Ter permiso de armas e guía da escopeta
Ter mais de 16 anos
Si durante unha xornada de caza no mes de decembro, atopamos coellos mortos que presentan unha hemorraxia nasal, de acordo con eses síntomas podemos sospeitar que morreron por:
*
1 point
Mixomatose
Pneumonía vírica hemorráxica
Gripe
A partir de qué idade se pode cazar con arco?
*
1 point
16 anos, sempre que se vaia acompañado dun cazador maior de idade
16 anos
18 anos
Si na primavera atopamos un coello que presenta os pálpebras inflamadas, e tumefaccións na cabeza, podemos sospeitar que o coello padece:
*
1 point
Mixomatose
Triquinose
Brucelose
¿Cál sería o número máximo de cans a empregar nunha montería?
*
1 point
150
125
90
¿Cál sería o número máximo de cans dunha manda que poden participar nunha batida?
1 point
25
20
35
Clear selection
O cazador que ocupa un posto nunha montería, debe:
*
1 point
Colocar unhas pantallas de protección.
Antes de comezar a cacería, establecer contacto visual e/ou verbal cos postos máis próximos para sinalizar a súa posición.
Esconderse tratando de mimetizarse o máximo posible co entorno, para que así as especies cinexéticas non o descubran e se coloquen no seu campo de tiro.
¿Cal destas modalidades é a mais típica para cazar o coello en Galicia?
*
1 point
En man
Zapeo
Ao salto
¿Cál destas armas é ilegal para a práctica da caza?
*
1 point
Escopeta paralela do calibre 16
Escopeta con cargador para tres cartuchos
Escopeta superposta do calibre 12
O Plan de Ordenación Cinexética, ten unha vixencia:
*
1 point
Anual
Bianual
Quinquenal.
¿En qué modalidade de caza se empregan as armadas?
*
1 point
Ganchos
Ojeos
Monterías
Si unha lebre presenta tularemia, ¿pode transmitirlla ao home?
*
1 point
Si
Non
Soamente si leva morta máis de 3 horas.
¿Qué se entende por armadas?
*
1 point
Aparellos para cazar paxaros e que se encontran prohibidos
Construccións para a captura de lobos
Grupos de cazadores
Nun zapeo ¿a qué especies podo disparar?
*
1 point
Ás de caza menor
Coellos e raposos soamente
A calquera
Cal das seguintes enfermidades pode transmitirnos a carne de xabaril mediante o seu consumo:
*
1 point
A rabia.
A triquinose.
A mixomatose.
¿Cál destas armas está prohibida?
*
1 point
Automáticas ou semiautomáticas con dous cartuchos no cargador
Rifles de ferrollo con mira telescópica
Rifles do calibre 22
Cando cazamos mediante a modalidade de axexo, ¿quén decide a qué pezas se debe disparar?
*
1 point
Dentro da especie a cazar, sempre ao primeiro exemplar que se contacte
Exclusivamente o garda ou guía
Sempre é o cazador o que decide a que peza dispara
Submit
Page 1 of 1
This content is neither created nor endorsed by Google.
Report Abuse
-
Terms of Service
-
Privacy Policy
Forms