Trátase dunha proposta para pór en valor todo o talento creativo e artesanal que hai no territorio da Costa da Morte, que terá lugar no Ecomuseo Forno do Forte (Buño), Malpica de Bergantiños, o domingo 5 de xuño de 12:00 da mañá a 20:00.
* As persoas participantes farán unha intervención, en directo, da obra creada ou comisariada para este proxecto, tendo cabida propostas de artesanía e distintas disciplinas artísticas (encaixe, olería, pintura, escultura, etc)
*As/os artistas deberán crear a obra durante o tempo estipulado do Laboratorio formando parte dun evento da Marca.
*O estilo e a técnica así como as dimensións serán de libre elección
Quen pode participar?
Poden participar todas aquelas persoas e colectivos artísticos ou artesáns maiores de idade.
A participación no laboratorio farase por orde de inscrición e tendo en conta os criterios de selección.
Inscrición e prazos
O número de propostas no Laboratorio é 15.
O prazo de inscrición é dende o 2 de maio ás 00:01 horas ata o 22 de maio ás 23:59 horas
A persoa ou colectivo deberá enviar os seguintes datos:
- Nome da persoa participante ou colectivo.
- Copia do DNI ou CIF
- Teléfono e correo electrónico de contacto.
A participación para o Laboratorio realizarase por orde de inscrición. Terán preferencia as persoas ou colectivos artísticos que procedan, residan e desenvolvan ou teñan rexistrada a súa actividade no territorio do GDR Costa da Morte. Os concellos do GDR Costa da Morte son: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso,
Vimianzo e Zas.
Criterios de selección das obras
Para á selección das obras no Laboratorio teranse en conta os seguintes criterios:
*O carácter innovador, creatividade, orixinalidade.
*A calidade da proposta (concepto, materiais...).
*A visión integral e ampla da Costa da Morte.
Xurado e premios
*O xurado estará composto por un membro da Xunta Directiva do GDR Costa da
Morte e dúas persoas relacionadas co mundo da artesanía, da arte e da cultura.
*O xurado elixirá ás 3 mellores obras.
Os premios serán:
◦ Primeiro premio: 300€
◦ Segundo premio: 200€
◦ Terceiro premio: 100€
Máis información en: comunicacion@terratlantica.gal