Inscrición | AVALIEMOS O PROGRAMA #SAIMOSCOOPERANDO 2021 (encontro telemático, programa #saímoscooperando) | 16 setembro
A través deste Formulario estás a inscribirte no Encontro Telemático dentro de Programa #Saímoscooperando 2021 (mentoring para cooperativas).
TÍTULO: 'AVALIEMOS O PROGRAMA #SAÍMOSCOOPERANDO 2021"
DATA: Xoves 16 de setembro 2021
HORARIO: De 09.30 a 11.30 horas. A través de Plataforma Virtual
DESTINATARIAS: Con preferencia, cooperativas socias de ESPAZOCOOP, participantes nas actividades do Programa.
*Enviaranse previamente instrucións para acceder á sesión telemática ás persoas inscritas.
[Obxetivos xerais dos encontros]
Teñen un dobre propósito:
Buscan favorecer o coñecemento mutuo entre cooperativas que participen no programa #SaímosCooperando, potenciar a posta en común de necesidades, a transferencia de experiencias, metodoloxías e boas prácticas, co fin de compartir recursos, readaptar actividades, establecer alianzas, crear redes, xerar actividade, ou intercooperar.
Tamén serán espazos que invitan a outras cooperativas galegas -aquelas que non pertencen á base social da Unión de Cooperativas EspazoCoop- a participar nos “Encontros entre Cooperativas”, para ter a oportunidade de coñecer de primeira man EspazoCoop e ás súas cooperativas asociadas que poderán contar e testemuñar por que é interesante asociarse. Ao mesmo tempo poden experimentar a través da asistencia á actividade como son os servizos da Unión, de cara a valoralos e tecer redes.
Moitas grazas pola túa colaboración.
----
Convoca e Dinamiza: Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas.
Colabora:
- Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.
- Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020 OT 8: Conseguir formación e un emprego de calidade e do Plan de actuación 2021 da Rede Eusumo.
Cofinanciamento:
Consellería de Emprego e Igualdade | Xunta de Galicia.
Ministerio de Trabajo y Economía Social | Gobierno de España.
CEPES | Fondo Social Europeo