Durmindo con tiburóns 2017
Este formulario estará aberto o luns 4 de decembro de 10:00 a 12:00, para preinscribirse na actividade "Durmindo con tiburóns 2017".

IMPORTANTE. LER CON ATENCIÓN
– Pódese preinscribir como máximo a dous participantes por solicitude. (No caso de familia numerosa, hai un campo especial para encher co nome e idade do tercer fillo ou cuarto).
– Non preinscribir ao mesmo participante dúas veces.
– Idade: De 7 a 11 anos. Os menores teñen que ter cumpridos os 7 anos para realizar a actividade.
– Datas: 23, 26, 27, 28, 29, 30 decembro 2017 e 2, 3, 4 xaneiro 2018.
– Horario: Desde as 20:00 ata as 11:00 do día seguinte.
– Custo: 40€ por participante.
– Todos os datos achegados no formulario deben de ser certos, en caso contrario a solicitude quedará anulada.
– Só contactaremos con aqueles que obteñan praza na actividade, o resto de solicitudes pasará a formar parte da lista de espera.

Organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, en colaboración con Museos Científicos Coruñeses.

This form was created using Google Forms. Create your own