Viaxe ao centro do Aquarium
>>Este formulario abrirá o luns 19 de febreiro ás 10:00<<

IMPORTANTE. LER CON ATENCIÓN:
Esta actividade é unha visita guiada pola zona técnica do Aquarium Finisterrae, que inclúe instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena, cunha duración aproximada de 90 minutos. Hai dispoñibles 15 prazas por día.

– Está dirixida só a persoas MAIORES DE 14 ANOS.

– É posible preinscribir a 4 persoas por solicitude.

– Terá lugar ás 12:00 horas dos días seguintes:
FEBREIRO: sábado 24, domingo 25.
MARZO: sábado 24, domingo 25.

– Para participar hai que encher este formulario online. Despois de recibir a confirmación de contar con praza (a través do correo electrónico que nos proporciones) é necesario abonar o prezo de entrada ao Aquarium Finisterrae (gratis para titulares de Tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias).

– Só contactaremos por correo electrónico cos que obteñan praza, o resto de solicitudes pasará á formar parte da lista de espera.

This form was created using Google Forms. Create your own