Formulario_Datos da cooperativa demandante. Bolsas xerenciais 2014
UGACOTA pon en marcha a 6ª Convocatoria de BOLSAS DE XERENCIA EN COOPERATIVAS 2014. Para xestionar a SELECCIÓN DE COOPERATIVAS e adxudicar este recurso, a Unión precisa información e datos dos proxectos cooperativos demandantes. A través deste formulario pode achegarnos esa información, e ao mesmo tempo está demandando unha bolsa.
Lembrámoslle que estas bolsas están no marco do proxecto “Apoio á Función Xerencial en Cooperativas”, e se pretende prestar apoio a cada proxecto cooperativo seleccionado na área da XERENCIA, dar resposta á falta de persoal específico para atender a función xerencial, ou á falta de cualificación das socias na área da xestión empresarial e directiva da cooperativa.
Convoca: Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Ugacota
Colaboran: Consellería de Traballo e Benestar - As asociacións de cooperativas: Federación de Cooperativas Sinerxia, Ugacomar e Ucetag.
INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS:
Os datos deste formulario serán utilizados para poder xestionar a vosa demanda de participación no programa "Apoio á función xerencial en cooperativas", da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado - UGACOTA.
Estes datos só serán utilizados para os fins expresamente previstos e polo persoal debidamente autorizado, de conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e no Real decreto 994/1999, do 11 de xuño, do Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal.