Request edit access
Premio Transfronteirizo de Conciliación e Igualdade
O Proxecto GEMCAT - “Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo”, enmarcado no ámbito do eixe 4 “reforzar a capacidade institucional e unha administración pública eficiente a través da cooperación transfronteiriza”, pretende facer fronte a determinados desafíos no mercado de traballo, promovendo accións que leven a un comportamento responsable para cos públicos interno e externo á organización, e a unha actitude que permita asegurar a estabilidade e a confianza dos cidadáns en piares de modelos organizativos sustentables.

Neste proxecto   transfronteirizo participan: Xunta de Galicia, Junta de Castilla y León; Junta de Extremadura; CIM Alto Minho; Universidade do Porto e a Cámara Municipal de Braga.

No marco dun dos obxectivos centrais do proxecto GEMCAT, de incorporar medidas de igualdade de oportunidades e a favor da conciliación laboral e persoal, ábrese a convocatoria pública transfronteiriza de premios para o recoñecemento a empresas cunha traxectoria destacada na implantación de política de conciliación e igualdade.

Os Premios Transfronteirizos de Conciliación e Igualdade teñen como principal obxectivo recoñecer e dar a coñecer ás empresas, do Norte de Portugal e España, cunha traxectoria destacada pola implantación de políticas de conciliación laboral e persoal e de igualdade de oportunidades.

As empresas poderán presentar solicitude ás seguintes modalidades:
Recoñecemento de Conciliación entre a vida profesional e persoal
Recoñecemento de Igualdade de oportunidades

Calquera dúbida ou esclarecemento no cumprimento da solicitude poderá ser enviada vía email a:  premiosgemcat@jcyl.es

Poderán consultar as bases reguladoras da convocatoria de premios de conciliación laboral e persoal e de igualdade de oportunidades en: www.gemcat.eu

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. - Terms of Service - Privacy Policy

Does this form look suspicious? Report