Esta xornada organizada polo GDR Limia-Arnoia en colaboración con APEAGA, pretende achegar á veciñanza e ós profesionais do rural novas estratexias de prevención e xestión fronte aos incendios, poñendo en valor o monte mixto atlántico como ferramenta de futuro sostible.
Durante o encontro haberá relatorios, mesas de debate e actividades divulgativas centradas na protección do medio natural, a bioeconomía e a implicación da comunidade na conservación do territorio.
Este formulario permítelle ás persoas interesadas realizar a súa inscrición oficial para asistir ao acto.
A participación é gratuíta, mais é necesario rexistrarse para unha mellor organización.
👉 Cubra os datos solicitados e confirme a súa asistencia.