Request edit access
Curso: OS PROBLEMAS DE INTEGRACIÓN SENSORIAL NO/A NENO/A CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO
Lugar de realización: Santiago de Compostela. Centro Abanca Praza de Cervantes
Data de realización: 21/04/2018
Número de horas: 8
Número de prazas: 100
Prazo de inscrición: Ata o 27 de marzo
Destinatarios: O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA
Coste curso: 65€
Profesionais e familias das entidades asociadas: 12
Confirmaráselle a praza por correo electrónico e facilitaráselle número de conta bancario para facer ingreso.


PROGRAMA

Obxectivos:

Obxectivo xeral:

Proporcionar formación aos profesionais e familias relacionadas co Trastornos do Espectro Autista, en aspectos básicos e prácticos sobre o impacto dos problemas de integración sensorial no Colectivo.


Obxectivos específicos:

• Coñecer e identificar as particularidades e potencialidades de cada persoa, detectando posibles problemas de integración sensorial que interfiran na dinámica da aula e do fogar.
• Comprender a importancia dos procesos sensoriais na aprendizaxe e desenvolvemento do neno/a.
• Coñecer e desenvolver sinxelas estratexias e técnicas que faciliten ao neno/á posibilidade de dar respostas educativas adaptadas ás demandas do medio escolar, e o fogar posibilitando un mellor desempeño nas tarefas académicas e en actividades cotiás da súa vida.


Os nenos e nenas con TEA atopan a diario dificultades para integrar a información que chega do ambiente e do seu propio corpo para dar unha resposta adaptada ás demandas da contorna.

Estas dificultades de integración da información sensorial dificultan o seu desenvolvemento e interferen na adquisición das aprendizaxes. Estas dificultades, que adoitan atoparse “enmascaradas” ou tradicionalmente abordáronse como un síntoma dunha determinada síndrome ou patoloxía (estereotipias, rixidez, hiperactividade, agresividade, etc.), poden atopar a súa orixe nunha Disfunción de Integración Sensorial (DIS). Cando o sistema nervioso do/a neno/a atopa dificultades para organizar a información sensorial, observamos que o/a neno/a ve interferidas as súas destrezas de aprendizaxe, as súas relacións sociais ou as súas competencias psicomotrices.

Desde o modelo da integración sensorial preténdese achegar unha nova mirada a estas dificultades, así como dotar de sinxelas ferramentas para detectar e dar resposta ás necesidades dos/as nenos/ as con Disfunción na Integración Sensorial, mantendo un nivel de alerta e un estado emocional que favorecerá unha resposta máis adaptada e que facilite as aprendizaxes e un adecuado desenvolvemento.

Contidos programa

1. Que é a Integración Sensorial?

• Jean Ayres. Integración Sensorial e praxis
• Bases neurofisiológicas. Evidencia
• Integración Sensorial e Trastorno do Espectro do autismo
• Identificando problemas de modulación e discriminación sensorial. Hiper e hipo resposta
• Problemas de conduta asociados á Disfunción da Integración Sensorial
• Identificando perfiles sensoriales. Modelo de Winnie Dunn.


2. Estratéxias de Intervención

• Estratexias Xerais: dieta sensorial e control ambiental
• Estratexias de intervención na escola: consideracións na infancia e na adolescencia
• Estratexias de intervención no fogar: consideracións na infancia e na adolescencia


Relación do profesorado:

Francisco J. dos Santos Beamud Director do Centro Tándem. Profesor Asociado da Universidade Rey Juan Carlos.
Mestre de Educación Especial, Fisioterapeuta e Terapeuta Ocupacional. Master en Neurocontrol Motor URJC, Terapeuta Bobath pediátrico (ATEN).

Formación en Integración Sensorial pola universidade do Sur de California. Prácticas titorizadas e cursos avanzados de IS en Therapy West (Os Ángeles, USA).

En Proceso de Certificación de TEACCH Program (Universidade de Carolina do Norte, Five days training e Programa Beyond the Basics. Ampla formación especializada en metodoloxías de traballo con Autismo e outras discapacidades da infancia (TEACCH, PECS, Lle Meteyer, Castelo Morais, Dir floortime, etc).

Experiencia en pediatría: Máis de 15 anos de experiencia no traballo con persoas con discapacidade e atención á infancia en centros escolares e de Atención Temperá.

Impartiu cursos e seminarios de Integración Sensorial para máis de 30 entidades, entre eles Centros Educativos, Equipos de Orientación, Colexios Oficiais de Profesionais, Asociacións de Terapia Ocupacional e Centros de Atención Temperá.

Formador dos módulos de Autismo e Integración Sensorial do Experto en Terapia Ocupacional en Pediatría da Universidade Rey Juan Carlos


* As prazas outorganse por riguroso orden de inscrición. Teñen preferencia os que se apunten aos tres cursos.

FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA www.autismogalicia.org - info@autismogalicia.org - Teléfono: 981 589 365


Nome e apelidos *
Your answer
D.N.I *
Your answer
Correo electrónico *
Your answer
Teléfono *
Your answer
Escolla unha opción: *
Entidade/Organización/ Asociación a que pertence *
Your answer
Profesión *
Your answer
Se precisa factura cubra os seguintes datos
Nome ou Razón Social
Your answer
NIF / CIF
Your answer
Dirección Postal
Your answer
(*) Confirmaráselle a praza por correo electrónico unha vez finalizado o prazo de inscrición e facilitaráselle un número de conta para facer o ingreso. Enviar copia de xustificante de
Federación Autismo Galicia
(*) Cláusula de protección de datos
De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que os datos facilitados nesta solicitude poderán ser incorporados a un ficheiro de datos persoais responsabilidade da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA, provista de CIF Nº G15549306, con domicilio social en Rúa Home Santo de Bonaval, número 74, baixo, Código Postal 15703, Santiago de Compostela, coa finalidade de xestionar axeitadamente a organización e desenvolvemento da actividade formativa.

Infórmaselle así mesmo que durante o desenvolvemento da actividade formativa poderase captar, mediante fotografía, filme ou calqueroutro procedemento a sua imaxe e de non facer indicación en contrario, marcando a casilla habilitada para tal fin, autoriza a súa reprodución e a súa publicación sen ánimo do lucro nas publicacións de promoción interna ou externa de carácter informativo e/ou divulgativo, tales como memorias, boletíns, página web, material divulgativo, proxectos e calqueroutro formato ou canle de comunicación da entidade.

Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixindo a súa solicitude por escrito asinado e achegando fotocopia do seu DNI ou documento identificativo equivalente á FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA ao enderezo xa sinalado.

Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Additional Terms