Request edit access
Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS) de REDONDELA
PMUS-Redondela é unha iniciativa impulsada polo Concello de Redondela para dar a coñecer e debater as directrices estratéxicas e as principais propostas do futuro Plan de Mobilidade Urbana Sustentable de Redondela, en diante PMUS de Redondela.

O concello de Redondela está interesado na recollida e elaboración dos seguintes datos para coñecer a situación actual do municipio en canto a mobilidade se refire. Así como, coñecer as túas opinións e suxestións de cara a mobilidade futura.

A enquisa é totalmente anónima en non se recollen datos persoais. A información aquí recollida almacenarase nos servidores de google.

Podes ver a súa política de privacidade en https://policies.google.com/?hl=es.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE
Información segundo o Reglamento (UE) 2016/679, RGOPD y la Ley Orgánica de Protección de Datos y garantía de derechos digitales, 3/2018 de 5 de diciembre, LOPDGDD, relativa a la protección de datos de carácter personal.

O responsable do tratamento dos datos é:

CONCELLO DE REDONDELA
R/Alfonso XII, nº 2 - 36800 - Redondela
Tel: 986 400 300
Fax: 986 403 894
info@redondela.gal

Un Plan de Mobilidade Urbana Sustentable, PMUS, é un conxunto de actuacións que teñen como obxectivo a implantación de formas de desprazamento máis sustentables (andar, bicicleta e transporte público) dentro dunha cidade; é dicir, de maneiras de transporte que fagan compatibles crecemento económico, cohesión social e defensa do medio ambiente, garantindo, desta forma, unha mellor calidade de vida para os cidadáns.
O PMUS de Redondela estrutúrase en tres eixos de traballo:
- Eixo 01. Circulación viaria, tráfico e estacionamento,
- Eixo 02. Mobilidade peonil-ciclista,
- Eixo 03. Transporte público.
Con este cuestionario preténdese coñecer a percepción que ten a cidadanía ao redor dos aspectos que teñen que ver coa mobilidade de Redondela.

A enquisa manterase en liña ata o día 19 de Xullo.
Agradecemos a túa participación!

Next
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service