O vindeiro luns 20 de maio, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego Mondoñedo organiza unha actividade de networking para facilitar a interacción e a conexión entre as persoas participantes. Dando a coñecer as iniciativas que xurden na zona, como referentes para outras persoas emprendedoras e poñer en común as necesidades e logros acadados, así como o tecido dunha rede de contactos e incremento da relación entre eles.
Programa:
16:30-16:40 h. Recepción das persoas asistentes e benvida.
16:40-16:50 h. Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego Mondoñedo por parte de Francisco Lago, coordinador de polos da Fundación Venancio Salcines e técnico do Polo.
16:50-17:00 h. Intervención de Raquel Braña, técnica do Polo e apoio ao emprego Mondoñedo.
17:00-17:45 h. Comezo do obradoiro cun breve picth de cada un dos proxectos.
17:45-18:00 h. Rolda de preguntas.
18:00-18:30 h. Respostas en común en diálogo aberto.
18:30 h. Peche da xornada.
Contacto do Polo de Mondoñedo:
Teléfono: 982 650 018
Mail: mondonedo@polosemprendemento.gal