A VOSA VOZ É FUNDAMENTAL
Proceso de Planificación Estratéxica de EspazoCoop 2026-2029
En EspazoCoop abrimos un novo proceso de planificación estratéxica para o período 2026-2029. Poñemos en marcha consultas e espazos de reflexión para recoller aquelo que nutrirá a estratexia a seguir ata 2029.
A vosa voz é fundamental, por elo, queremos convidarvos a participar nas accións que estamos a organizar para que vos sumedes a elas. Son accións coas cooperativas, o consello reitor, o equipo técnico e axentes clave, que inclúen enquisas, entrevistas, e grupos focais (sesións presenciais de traballo, análise, discusión e reflexión).
A través deste formulario estás inscribíndote á sesión dos grupos de discusión con cooperativas asociadas, que terá lugar o venres 27 de febreiro en Santiago de Compostela, en dúas quendas, de 12-14 horas e de 16-18 horas podendo asistir ben á primeira, ou ben á segunda. Sobre as cooperativas rexistradas realizaremos unha selección.
Esta reflexión non tería sentido sen a vosa achega e colaboración, e por iso pedímosvos que participedes nos grupos de discusión abertos á base social que organizamos durante este proceso.
Agradecemos de antemán a vosa axuda, que é vital para definir as liñas de traballo máis relevantes para as cooperativas asociadas.
Animámosvos a ser partícipes do futuro da Unión.
Moitas grazas pola vosa colaboración!