Para inscribirte no servizo de Rutas Guiadas Interpretativas polo Monumento Natural Dexo-Serantes, é necesario cubrir este formulario. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
⚠️ Só recibirás un correo de confirmación no caso de que teñas praza, polo que é moi importante que verifiques que o correo electrónico introducido é correcto.
As rutas guiadas interpretativas ofertadas son dúas:
- Seixo Branco – Furnas: PERCORRIDO CIRCULAR de 2,5 km, cunha duración estimada de 2 horas e media.
- Porto de Dexo: PERCORRIDO CIRCULAR de 4 km, cunha duración estimada de 3 horas.
Ambas rutas presentan unha dificultade baixa, mais recoméndanse para persoas maiores de 7 anos e cun mínimo de condición física que lles permita camiñar por sendeiros irregulares sen dificultade. As persoas menores deberán ir acompañadas dun adulto responsable.