Request edit access
INSCRICIÓN: Dá o paso: V andaina solidaria Implicadas No Desenvolvememento polo Monte Pindo
Implicadas/os No Desenvolvemento (www.implicadas.com) pon en marcha a súa V andaina solidaria: “Dá o paso. V andaina solidaria Implicadas No Desenvolvemento polo Monte Pindo coa colaboración de Mindfulness y naturaleza: rutas conscientes, (http://rutasconscientes.blogspot.com.es/), Transitum Natura (http://transitumnatura.blogspot.com.es/) e Masaje Ayurvédico Piero Piga (www.masajeayurvedico.es).

Despois de catro anos facendo rutas polos montes e montañas do interior de Galicia, neste quinto xa tocaba visitar a costa galega! E pensamos no Monte Pindo, coñecido tamén como O Olimpo Celta.
Os motivos? Varios: a súa beleza e espectacularidade, a súa resilencia, revivindo tras o gran incendio que o asolou en 2013 e pola súa historia e lenda. Tamén polas opcións que posibilita de organizar unha actividade con dúass modalidades: aventura (percorrido polo val do Rego Caldeiras, pasando polo Peñafiel e pola Cova da casa da Xoana) e subida directa, máis suave pero tamén moi fermosa.

Ruta aventura: saída de O Fieiro (presa de Santa Uxía), próximo a Dumbría. Ruta circular de 11km. 650m. de desnivel. Seis horas de marcha.

Ruta directa: saída de O Fieiro (presa de Santa Uxía), próximo a Dumbría. 7km. ida e volta. 320m. desnivel.

Na cume da Moa, pico máis alto do macizo do Pindo, ambos grupos confluiríamos para facer a baixada final unidos.

CANDO? O domingo 22 de outubro.

HORA: 11:00h.

PUNTO DE ENCONTRO/SAÍDA: o Fieiro, (área recreativa), próximo a Dumbría.

PRAZO MÁXIMO PARA ANOTARSE: xoves 19 de outubro.

PREZO DA ACTIVIDADE: 12 euros.
O pago farase a través de calquera destas dúas contas bancarias de Implicadas/os No Desenvolvemento:
ABANCA ES86 2080 0531 1130 4001 0798
TRIODOS: ES48 1491 0001 2921 3891 4227

Mentres non se faga o pago, a inscrición non está feita. Obrigatorio mandar ao seguinte correo electrónico a xustificación de pago: secretaria@implicadas.com

DESTINO DA RECADACIÓN:
A recadación resultante de cada inscrición irá destinada a apoiar e dar continuidade aos programas de cooperación ao desenvolvemento que Implicadas No Desenvolvemento ten na India: “ERRADICACIÓN DO INFANTICIDIO FEMININO” en Salem e “EMPODERAMENTO DAS MULLERES II” en Tiruchy.

RECOMENDACIÓNS:
- Levar calzado cómodo e flexible, preferiblemente botas de montaña.
- Levar outra muda completa.
- Levar roupa axeitada para a actividade e vendo as condicións meteorolóxicas coas que coincidamos. Pantalóns longos, chuvasqueiro, luvas...
- Levar bastóns, facilitaranos a camiñata.
- Hidratarse a miúdo bebendo auga.
- Protexer a pel e os ollos con protección solar e gafas de sol.
- Non arrancar, cortar ou deteriorar a vexetación.
- Non esquecer que no monte hai que cumprir unhas normas: respecta a flora, a fauna e o patrimonio etnográfico.
- Non arroxar lixo e se o atopas, por favor recólleo e deposítao nos lugares acondicionados para tal fin.
- Non alterar a tranquilidade natural con ruídos, altofalantes ou luces innecesarias.
- Non tirar cabichas de cigarros prendidas ou apagadas xa que poden provocar incendios.
- Seguir os camiños sinalados.

NOME E APELIDOS *
Your answer
DNI *
Your answer
CORREO ELECTRÓNICO *
Your answer
TELÉFONO *
Your answer
ENDEREZO *
Your answer
ALERXIAS, INTOLERANCIAS...
Your answer
OUTROS COMENTARIOS
Your answer
PASO FINAL DA INSCRICIÓN
Para formalizar a inscrición despois de enviar este formulario hai que facer o pago da actividade nunha destas dúas contas de Implicadas: ABANCA ES86 2080 0531 1130 4001 0798 ou TRIODOS: ES48 1491 0001 2921 3891 4227 e logo mandar por correo (secretaria@implicadas.com) o xustificante de pago e indicar en CONCEPTO: DÁ O PASO
GRAZAS!
Submit
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service