RECOLLIDA DE SINATURAS
As persoas abaixo asinantes dirixímonos á Secretaría Xeral da USC para solicitar que se convoque un Consello de Goberno de carácter urxente e así solucionar a problemática que a continuación se expón:

No pasado curso 2014/15 varias alumnas e alumnos que estudan polo plan de Licenciatura tiveron que cursar materias de Grao por mor do plan de extinción das licenciaturas, que neste caso conclúen o vindeiro 30 de setembro. Ao non superar as oportunidades ordinarias, e co fin de facilitar a posibilidade de rematar os estudos co plan de Licenciatura e non ter que adaptarse ao de Grao, en parte polo perxuízo económico que suporía, solicitaron ás institucións universitarias unha oportunidade extraordinaria en setembro. As respostas que recibiron foron pouco alentadoras, mais o Consello de Goberno da USC reunido o 29 de xullo de 2015 aprobou que se convoque unha proba extraordinaria en setembro, mais unha das condicións que se pide para poder presentarse e ter suspensas ás dúas oportunidades ordinarias. Isto supón un problema para aqueles e aquelas estudantes que non se presentaron a algunha das dúas oportunidades por diferentes motivos, como neste caso, de tal xeito que non todo o mundo pode optar a esta proba.

A falta de menos de 15 días para que remate o Plan, nada garantiza a estas alumnas que vaian atopar unha solución e poidan así optar á mesma oportunidade extraordinaria que outras estudantes están recibindo. O Consello de Goberno da USC non podía coñecer que tería que tomar esta decisión, mais as alumnas tampouco coñecían esta nova normativa antes da celebración das oportunidades ordinarias, isto é, de saber que habería esta condición para poder presentarse á oportunidade extraordianaria teríanse presentado ás oportunidades ordinarias.

Apoiemos que estas estudantes poidan rematar o seu plan de Licenciatura sen verse perxudicadas por ter que adaptarse ao plan de Grao. Solicitamos ao Consello de Goberno que se reúna antes do 30 de setembro e que modifique esta normativa!
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Apelidos *
Nome *
Documento de identidade *
Centro / Facultade *
Enderezo electrónico
Formas parte de... *
Tamén estás afectada/o por esta problemática?
Clear selection
Se o desexas, escríbenos algo
Tamén podes contactar con nós a través de compostela@comitesabertos.gal
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy